top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG e o PP de Agolada consideran que o alcalde deste concello "debe asumir responsabilidades e dimitir"

Din isto "ante as gravísimas acusacións da fiscalía contra as actuacións do mandatario no caso da empresa Farelo"


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG e o PP de Agolada consideran que o alcalde de Agolada, Luis Calvo, debe "asumir as súas responsabilidades e dimitir ante as gravísimas acusacións da fiscalía contra as actuacións do mandatario no caso da empresa Farelo".

Este é o comunicado íntegro do partido nacionalista:

"Ante as gravísimas acusacións da fiscalía contra as actuacións do alcalde de Agolada no caso da empresa Farelo, o BNG considera que xa está tardando en presentar a súa dimisión, este cargo vaille grande e debería dedicarse a outros menesteres que non teñan nada que ver coa actividade política municipal.


Publicidade

Para os nacionalista agolenses, ten mérito que o alcalde fixera un partido denominado

Anticorrupción y Justicia e que sexa o primeiro alcalde que previsiblemente vai ser inhabilitado na comarca por tomarse a Xutiza pola man. Aínda ten máis mérito que sexa o

primeiro inhabilitado despois das moitas falcatruadas que leva feito o PP nos seus anos de

goberno. Fai bo o dito de “detrás vendrá quien bueno me hará”.


Nin nos imaxinamos o que podería estar dicindo a estas alturas se o encausado fora un alcalde doutra formación política. Debe asumir responsabilidade e dimitir.


Aínda con todas as cautelas porque o proceso aínda non rematou, as acusacións da fiscalía son o suficientemente graves como para que se aparte da política municipal polo ben do noso propio concello que desde que chegou ao poder non deixa de dar titulares aos medios de comunicación que en nada benefician á nosa cidadanía.


Neste caso concreto estamos a falar de prevaricación e falsidade documental cun único

obxectivo: demostrar que en Agolada manda el, aínda que as consecuencias sexan danar ao pouco tecido empresarial que temos no noso concello, unha empresa do sector primario xa bastante tocado e fundido polas políticas da propia Xunta de Galiza e do PP.


Publicidade


Agardamos que este caso non se demore no tempo e en caso de que se impoñan as sancións económicas das que se fala, elevadísimas e entendemos acordes cos delitos que se lle supoñen, que sexa pagadas polo propio alcalde, que se tomou a xustiza pola man e non pola veciñanza de Agolada, pois estamos falando dunhas cantidades que o noso concello non pode nin debe asumir".


O que di o Partido Popular

Pola súa banda, o Partido Popular de Agolada sae ao paso tamén da nova publicada este sábado na prensa en relación á apertura de xuizo oral de Luis Calvo "polo peche ilegal que o rexedor fixo a empresa no ano 2019 e para o cal e segundo o escrito do Ministerio Fiscal, falsificou unha acta da Xunta de Goberno cando a mesma nin sequera estaba constituida e tomou decisións arbitrarias pese aos informes de secretaría".


Os Populares esixen "a dimisión inmediata do Alcalde ante unhas acusacións que son moi graves e que invalidan a Luis Calvo para seguir ao fronte do Concello".


A voceira do PP Carmen Seijas expón que “nós sempre imos a confiar na Xustiza e a respectar a presunción de inocencia, pero cremos que esta situación de todo incompatible con seguir un só minuto máis na alcaldía xa que está unha vez máis deixando polo chan a imaxe do Concello”.


Seijas afirma que “ xa de por si son unhas acusacións graves, pero se temos en conta que son derivadas por unha actuación contra unha empresa do noso Concello que dá emprego a outros moitos veciños, a cousa é aínda peor. Se lle queda un mínimo de decencia política, Luis Calvo debería irse xa”.


Os populares advirten que dende o principio viñan avisando á veciñanza destas actuacións do alcalde, “ non só se quedan aquí, hai licencias de dubidosa legalidade e mesmo coacciona a veciños sobre a posibilidade de que o Concello lle tire granxas ou peches, crese con ese poder, e agora dirá que o problema e a Xustiza, deixa de ser o Trump galego para converterse no Puigdemont”, afirma Seijas. “Instamos aos seus concelleiros a que den o paso e tomen as rendas do Concello, de non facelo converteranse automaticamente en cómplices dun alcalde indigno para Agolada”.


Publicidade

Os populares creen que agora se empezan a entender moitas cousas e o porque cun concello en case quebra económica o Alcalde subiuse moito o soldo, “seguramente xa tiña constancia da que lle viña enriba en canto a fianza civil e decidiu facer acopio, é dicir, a través do seu soldo os veciños seremos os que teremos que pagar os seus desmanes”.


Seijas congratúlase de que a Xustiza deixe fora o Concello da responsabilidade civil “quen fixo o que supostamente fixo foi él ”, e anuncia que se solicitará un Pleno Extraordinario para que Luis Calvo dé a cara e a explique de primeira man que está pasando, “non pode esconderse máis “, e pedirá o BNG que apoie esa solicitude xa que “isto no vai de siglas senón da imaxe dun pobo que non se merece este Alcalde e este bochorno”.

0 comentarios

Komentarji


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page