O BNG denuncia unha nova vertedura nun afluente do río Asneiro
- ecosdacomarca

- hace 1 hora
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
O BNG denuncia unha nova vertedura nun afluente do río Asneiro en Dozón esta pasada fin de semana. "A reiterada violación da normativa medioambiental sen que as autoridades
competentes actúen en consecuencia, pon en risco os cursos de auga do Deza con
vertidos recorrentes que chegan a zonas de captación de distintos concellos", lamenta o Bloque.

Sinala que esta pasada semana as imaxes captadas no Asneiro amosaron un novo episodio de violación da normativa medioambiental. "A aparición dun vertido moi evidente pola súa cor abrancazada e intensa nun dos seus afluentes, que finalmente afecta a grande parte dos concellos da comarca e as súas captacións, pon a alarma sobre a calidade das augas que consume a veciñanza dos concellos que se sitúan bacía abaixo". “Ningún organismo nin administración competente activa os mecanismos que se necesitan para identificar aos responsables e tomar medidas que eviten que estas accións queden impunes e garantir a salubridade da auga que chega aos nosos fogares” declara a deputada nacionalista Ariadna Fernández.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

E lembra "a presentación de iniciativas ao respecto nos pasados meses por parte do BNG non queda obsoleta ao se repetir estas accións de xeito recorrente sen que se coñezan medidas correctivas por parte da Xunta de Galizaa e de Augas de Galiza, que permiten coa súa inacción que as agresións ao noso patrimonio natural queden impunes".
Publicidade
Ante isto, insiste en que "non podemos permitir que os nosos ríos sexan tratados como cloacas polas que descorren impunemente residuos industriais ou minerais mentres os responsables de velar por as nosas concas gardan silencio e non fan ningún movemento” reitera Fernández poñendo énfase na gravidade do acontecido.
Publicidade
Os nacionalistas vinculan este feito coa histórica desprotección que sofre a comarca en
materia medioambiental, lembrando que o Asneiro e o Deza son de todas e todos os galegos e que o seu coidado debera ser unha prioridade local e nacional. Esixen, ao igual que nos vertidos denunciados con anterioridade, "un plan de vixilancia real e efectivo que vele polos nosos recursos hídricos e o noso patrimonio, ao igual que pola saúde dos veciños e veciñas, sen escusas que alimenten este tipo de comportamentos, cunha intervención de Augas de Galiza e SEPRONA inmediatas e con resultados claros e transparentes".








header.all-comments