top of page

O BNG denuncia un aumento dos alugueres en Lalín do 54% desde 2020, 10 puntos máis ca media galega

hace 3 días
3 min de lectura

Mari Fernández urxe ao goberno do PP a declarar “zona tensionada” e tomar medidas “urxentes”


Ecos da Comarca/Lalín

Os datos do Observatorio da Vivenda da Xunta de Galicia a respecto da situación actual e a evolución dos prezos dos alugueiros no concello de Lalín “son alarmantes”. O BNG de Lalín, preocupado fai tempo pola crise de vivenda que padecen as veciñas e veciños, vén de constatar cos datos oficiais da Xunta "que o prezo dos alugueiros no noso concello aumentou un 54,4% nos últimos seis anos, unha cifra 10 puntos por riba da media de aumento dos alugueres residenciais en Galicia, que neste período foi do 44,7%".

A voceira municipal do BNG, Mari Fernández Sanmartín, lembra que “levamos tempo advertindo de que a situación do mercado inmobiliario no noso concello é insostible, e

está levando ao límite a moitas familias da veciñanza”. Os últimos datos oficiais do Observatorio da Vivenda de Galicia deixan ás claras que no que vai de 2026 o prezo

medio dos alugueiros neste concello “está tocando teito, con 455,50 euros mensuais de media”. Son 50 euros máis ao mes respecto do prezo medio dos alugueiros en Lalín no 2025.


“Os datos son alarmantes”, destaca a nacionalista xa que só botando a vista seis anos atrás no ano 2020 o prezo medio dos alugueiros en Lalín eran 294,9 euros. Un ano despois, no 2021 subiron a 304,2 euros mensuais. No 2022 “subimos outro chanzo” e os alugueiros chegaron de media a 321,5 euros mensuais. "Seguiron escalando no 2023 até os 347,9, e no 2024 acadaron os 389,5 euros mensuais. Con estas cifras oficiais do

Observatorio da Vivenda, en só seis anos a veciñanza de Lalín tivo que afrontar un

esforzo adicional de 160,6 euros mensuais para poder pagar unha vivenda en alugueiro

no noso concello".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“Os datos son da Xunta de Galicia e están aí para velos, pero mentres isto acontecía e o

BNG advertía da emerxencia habitacional en Lalín, o goberno local do PP miraba cara outro lado”. Critica Fernández Sanmartín que para boa parte da veciñanza de Lalín o aluguer dunha vivenda representa máis do 25% do seu salario mensual, unha cifra que

no caso das familias máis vulnerables -con pensións baixas ou rendas de integración

social- chega até o 42,8% dos ingresos mensuais, segundo o Sistema Estatal de Referencia do Prezo da Vivenda do Ministerio de Vivenda do Goberno español.


A fotografía do mercado do alugueiro en Lalín reflexa, apunta o Bloque, "que mentres baixaban nestes aos os contratos de arrendamento de vivendas de uso residencial ían aumentando no noso concello as Vivendas de Uso Turístico (VUTs). Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) en Lalín había rexistradas no ano 2020 6 vivendas turísticas, un ano despois -no 2021- a cifra duplicábase até as 13. No 2022 pasaban a ser 14 as vivendas turísticas rexistradas no REAT da Xunta, 16 no 2023 e 20 VUTs no ano 2024. O último dato do IGE fala xa de 36 vivendas de uso turístico no noso concello “vivendas que saen do mercado de alugueiro residencial e provocan menos oferta e incremento de prezos”. Segundo estas cifras do IGE, o aumento das VUTs nestes 6 anos en Lalín foi do 500%".


Mercado tensionado de vivenda

Neste tempo, conscientes dos datos alarmantes e da necesidade de tomar medidas, o BNG de Lalín ten presentado numerosas iniciativas e propostas para que o Concello de

Lalín tomara conciencia do problema e usara as súas competencias para paliar os

“devastadores efectos da crise inmobiliaria sobre as economías das familias lalinenses”.

Critica Fernández Sanmartín que a resposta do goberno de Crespo “sempre é a mesma,

mirar cara outro lado e non afrontar o problema”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

E engade que "o único que o goberno do PP fixo en materia de vivenda en Lalín foi abrir unha oficina que non serve para nada, anunciar baixos como vivendas e esquecelo despois e ceder dúas parcelas para que a Xunta constrúa vivendas públicas que aínda non teñen posto nin o primeiro ladrillo”.


O BNG de Lalín considera que “a nosa veciñanza merece un goberno á altura da crise habitacional que estamos padecendo”, e Fernández Sanmartín asegura que “seguiremos presentando datos, iniciativas e demandando solucións tamén do goberno local”. O

BNG de Lalín levará ao vindeiro pleno municipal unha moción demandando que o Concello de Lalín comece a tramitar a solicitude de zona de vivenda tensionada para o

este concello. “Cumprimos os requisitos segundo o propio Observatorio da Vivenda e

precisamos ser zona tensionada para poder tomar medidas de cara ao futuro”, afirma

Fernández Sanmartín.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page