top of page

O BNG denuncia que Taboada se preocupe máis pola foto do cambiador ca por manter digno o ambulatorio

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces considera que a instalación dun cambiador para bebés no servizo de Pediatría, anunciada polo goberno municipal poucas horas antes do pleno no que os nacionalistas levaban máis de 600 sinaturas reclamando melloras para o centro de saúde, "evidencia o oportunismo político do alcalde, Luis Taboada".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Para o portavoz do BNG, Alex Fiúza, resulta significativo que o Concello "correse a instalar un cambiador cando viu que a presión social das familias ususarias e o traballo desenvolvido polo BNG estaban poñendo o foco nas carencias do centro de saúde". Os nacionalistas lembran que esta é unha reivindicación que levan anos defendendo, tanto mediante iniciativas institucionais como coa campaña de recollida de sinaturas.


Con todo, desde o Bloque consideran que "o máis preocupante é que, mentres o goberno municipal busca unha fotografía para anunciar unha actuación puntual, continúa sen prestar atención a cuestións tan básicas como o mantemento e a conservación dun edificio sanitario".


 Ao remate do pleno, Alex Fiúza e a concelleira Carlota Salgado achegáronse ao centro de saúde para comprobar a instalación do cambiador e denunciar o estado no que se atopan algunhas dependencias. Alí puideron comprobar que as ventás da consulta de Pediatría continúan coa escuma da decoración de Nadal colocada hai máis de sete meses e cun evidente estado de sucidade, sen que fosen limpadas desde entón, polo que decidiron retirala e limpar eles mesmos esa zona. "É unha imaxe que fala por si soa. Nun centro de saúde non abonda con colocar un cambiador para facer unha nota de prensa. O primeiro é garantir unhas instalacións limpas, coidadas e dignas para as crianzas, as familias, os profesionais e o conxunto da veciñanza", sinalan desde o BNG.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os nacionalistas quixeron deixar claro que "esta denuncia non vai dirixida en ningún caso contra o persoal de limpeza nin contra os profesionais do centro de saúde, que desenvolven o seu traballo con dedicación e esforzo para ofrecer a mellor atención posible cos medios dos que dispoñen". Pola contra, consideran que "a responsabilidade de que un edificio sanitario conte cun mantemento adecuado e cunhas condicións dignas corresponde ás administracións públicas e, neste caso, tanto ao goberno municipal como ao Sergas, que deben velar por que os servizos públicos estean á altura do que merece a veciñanza".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"O problema non son as persoas que traballan no centro de saúde, senón quen ten a obriga de garantir que esas profesionais dispoñan dunhas instalacións limpas, ben conservadas e dignas. Non se pode presumir dun cambiador mentres se pasa por alto un estado de abandono que calquera usuario pode comprobar a simple vista", conclúen desde o BNG.




PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O BNG afirma que continuará defendendo melloras reais para o centro de saúde, porque "a humanización non consiste en facer anuncios de última hora nin en buscar unha fotografía, senón en garantir cada día un mantemento adecuado, unhas instalacións limpas e un servizo público de calidade para toda a veciñanza".


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page