top of page

O BNG denuncia que o sistema de subvencións en Agolada "non se axusta ao modelo legal ordinario"

Levará ao pleno unha proposta para cambialo


Ecos da Comarca/Agolada

A portavoz municipal do BNG en Agolada, Susana Tato Pampín, vén de rexistrar —e xa foi incluída na orde do día do vindeiro pleno ordinario— unha moción na que propón a elaboración de bases reguladoras municipais en réxime de concorrencia competitiva para a concesión das subvencións ás asociacións do municipio.

Segundo explica Tato, a iniciativa responde á necesidade de corrixir un modelo de

reparto de fondos públicos que leva anos baseado no uso reiterado de subvencións nominativas, un mecanismo que a lexislación vixente —Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e Lei 38/2003 Xeral de Subvencións— contempla como excepcional e debidamente motivado.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

“O que debería ser unha excepción converteuse na norma. A concorrencia competitiva, que é o procedemento ordinario previsto pola lei, practicamente non se aplica en Agolada”, afirma a portavoz nacionalista. Para o BNG, esta práctica "non garante plenamente os principios de publicidade, igualdade e transparencia que deben rexer a concesión de fondos públicos e mantén un sistema excesivamente dependente da discrecionalidade política".


“O sistema actual non ofrece garantías suficientes de igualdade real entre entidades. É necesario abandonar dinámicas que levan anos instaladas e avanzar cara un modelo con regras claras, públicas e iguais para todas”, subliña Tato.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

A portavoz nacionalista lembra que no mesmo pleno tamén se debaterá unha moción do Partido Popular relativa ao apoio ás comisións de festas, unha iniciativa que pon de manifesto precisamente a necesidade de contar cun sistema regulado e transparente que evite solucións puntuais e dependentes da vontade política do momento. “O debate non é sobre unha entidade concreta. É sobre o modelo. Se queremos apoiar ás asociacións e ás comisións de festas, fagámolo ben, con seguridade xurídica e con igualdade real para todas”, engade.


A moción presentada polo BNG propón crear bases reguladoras en concorrencia competitiva, con liñas diferenciadas por ámbitos —cultura, deporte, música, asociacións veciñais e actividades sociais ou xuvenís— e criterios obxectivos que valoren o impacto social, a implantación nas parroquias e a participación veciñal. “O que buscamos é fin dun sistema baseado na discrecionalidade e consolidar un modelo transparente, estable e xusto, goberne quen goberne”, conclúe a portavoz do BNG.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page