top of page

O BNG denuncia que "o servizo de HADO non está operativo nos concellos de Dozón, Agolada e Rodeiro"

Comprobará a fondo esta cuestión e trasladará as oportunas queixas e denuncias pola falta deste servizo esencial nos concellos máis rurais da comarca


Ecos da Comarca/Deza

O BNG informa que varias veciñas de Dozón "trasladáronos a queixa de que non puideron tramitar o servizo HADO (hospitalización domiciliaria) en Dozón por non estar operativo. Calquera paciente con domicilio en Agolada, Dozón e Rodeiro non poden utilizar este servizo sanitario", asegura o partido nacionalista.


En Agolada, o BNG consultou esta problemática co persoal médico, que confirma que efectivamente carecen HADO sendo un servizo moi necesario. "Comprobamos que quedou nunha mentira máis o anunciado fai meses polo Partido Popular. Non é verdade e non se está cumprindo. O servizo HADO segue sen activarse nestes concellos, polo menos recentemente tivemos casos en Dozón que non o puideron solicitar. Unha discriminación que se suma á falta de ambulancia medicalizada".

O partido nacionalisa recalca que "é moi grave o deterioro da sanidade pública na comarca, especialmente nos concellos máis rurais. Comprobaremos a fondo esta cuestión e trasladaremos as oportunas queixas e denuncias pola falta deste servizo", adianta.







0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page