top of page

O BNG denuncia que a Deputación corta árbores nas marxes da EP-6403 por Brocos, A Baíña e Berredo

O Bloque de Agolada advirte de "que as cortas se realizaron sen coñecemento dos propietarios, excedendo ademais os límites das franxas de seguridade nalgunhas zonas"


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG volve a asistir a outra polémica corta de árbores nas marxes das estradas provinciais, neste caso na EP-6403 ao seu paso polas parroquias de Brocos, A Baíña e Berredo, no concello de Agolada. O BNG faise eco do malestar das persoas propietarias dos terreos nos que fixeron as cortas e levantamento da madeira por non seren avisadas de forma oficial para que cortaran voluntariamente a biomasa das súas leiras nas faixas da vía.


Varios veciños contactaron o pasado venres ca concelleira do BNG de Agolada, Susana Tato, para expoñerlle a problemática e indicándolle que non foron informados oficialmente por carta dando un prazo de corta da madeira. O único que saben é que apareceu un papel na porta da igrexa informando da obriga de cortar as árbores marcadas cun número de teléfono ao que chamar. Este papel era un simple folio, sen membrete de ningunha administración pública que ben podía tratarse dunha broma de mal gusto. O BNG pregúntase, dende cando a porta dunha igrexa é considera lugar de notificación oficial da veciñanza dunha parroquia?

O Bloque considera que o proceder nestas segas de madeira non foi o correcto, xa que as campañas de xestión da biomasa que supostamente motivaron a actuación dan de prazo ata finais do mes de maio para ter as faixas correctamente saneadas co fin de evitar a propagación de incendios.


A normativa de prevención e defensa contra os incendios forestais establece que as persoas propietarias de terreos próximas a estradas públicas deben xestionar o saneo da súa biomasa no ámbito das faixas de xestión para manter un control da carga de combustible desas zonas e impedir o risco de incendios durante todo o ano.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Co obxecto de preparar estas campañas, cada ano as administracións competentes –no caso da EP-6403 a Deputación provincial- deben intensificar o control para que se produzan as cortas necesarias nas faixas por parte das persoas titulares antes do mes de maio, actuando con preferencia en zonas de maior risco de lumes. Explica a agrupación nacionalista que, ademais, é obriga da Deputación remitir ás persoas titulares dos terreos unha comunicación para lembrar a súa obriga legal de facer a limpeza e retirar as especies arbóreas, dándolle un prazo de entre 15 días e tres meses para executar os traballos, advertindo de que en caso de incumprimento, poderanse impoñer multas.


Así mesmo, o BNG subliña que no caso de que nos prazos establecidos non se realizaran as cortas por parte das persoas particulares as administracións públicas, consonte ás súas competencias, poden proceder á execución subsidiaria repercutindo os custos ás responsables.


A pesares de todas estas cuestións claramente establecidas na normativa, indica o Bloque, neste mes de abril, cando aínda faltaban máis dun mes para finalizar a data límite da campaña de prevención, leváronse a cabo supostamente dende a Deputación cortas nas citadas parroquias de Agolada que, ao parecer, obedecen á xestión das faixas para evitar incendios, pero “sen teren as propiedades dos terreos nin coñecemento das cortas ningún tipo de aviso previo por parte de administración ningunha, e excedendo nalgún caso os límites das franxas de seguridade”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O BNG de Agolada denuncia que quedou claramente demostrado que non caso destas tres parroquias non se cumpriu ca normativa, cando este luns, despois das protestas de algúns veciños a Deputación decidiu parar a corta árbores marcadas. Estas cortas polémicas das árbores nas marxes das estradas provincias xa se está a converter nunha práctica habitual por parte da Deputación, vimos fai pouco o caso de Dozón, e esperan que dende a Deputación se poña remedio e se axusten o que marca a normativa vixente.


Cabe mencionar que este malestar dos veciños tamén se nos trasladou a este medio a fin de semana. O luns contactamos coa Deputación, pero ata o momento non recibimos ningunha resposta.


1 Comment


Jose Borrajo
Jose Borrajo
hace 17 horas

Para esta contestación dis que non ten ansia o Lugués para dar a cara?? Haberá que proporlle facer unha foto

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page