top of page

O BNG denuncia "o infrafinanciamento da Xunta aos Puntos de Atención á Infancia no rural"

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG do Deza, Tabeirós e Terra de Montes denuncia "o trato discriminatorio que a Xunta de Galiza mantén cos Puntos de Atención á Infancia (PAI) dos pequenos concellos rurais tal e como reflicten os datos oficiais de financiamento do curso 2024-2025 publicados pola propia Consellería".

A formación nacionalista alerta de que os concellos que sosteñen servizos públicos de conciliación están soportando un sobrecusto “inasumible” mentres o Goberno galego “vende unha falsa gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos”. Segundo denuncia o

BNG, nos casos dos concellos que non dispoñen de Galiñas Azuis e prestan o servizo mediante PAIs, a Xunta non chega nin a financiar o 50 % do custo real do servizo, que

recae sobre os orzamentos municipais, xa de por si minguados por competencias

impropias que exercen e sufragan.


Os nacionalistas poñen como exemplo os casos dos PAI de Agolada e Rodeiro, onde a achega da Xunta ronda os 100 euros mensuais por praza, unha cifra moi afastada das cantidades que reciben, por exemplo as escolas privadas da propia comarca, nas que

o financiamento pode alcanzar ata os 350 euros por praza ao mes por crianza.


“Entendemos que a atención educativa e o servizo de conciliación que os concellos

prestan ten a mesma importancia que a que se presta nas entidades privadas e que, para

mantela se precisa un financiamento que agora mesmo non chega ás arcas municipais”

sinala a deputada nacionalista Ariadna Fernández, que xa trasladou no 2025 á comisión

5º do Parlamento Galego "a falla de interese polo rural no caso da escolarización 0-3,

sendo moi crítica co modelo precarizador que o goberno impulsa no rural, tanto coas

casas niño, coma coa falla de financiamento nos puntos de atención á infancia". “Estamos

ante unha discriminación evidente cara aos pequenos concellos rurais, que teñen que

facer verdadeiros malabares para manter servizos básicos de conciliación, mentres a

Xunta presume de apoiar o rural”, engade Fernández que reclama a atención que se

merecen todas as familias, vivan onde vivan.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A formación destaca que, segundo os propios datos da Consellería, escolas infantís privadas das comarcas recibiron arredor de 150.000 euros no pasado curso para a prestación do servizo en centros con 30 prazas, mentres Agolada e Rodeiro superaron

con pouco os 20.000 euros para atender da orde de 20 crianzas. Para o BNG, estas cifras “amosan claramente cal é a aposta real do Goberno galego: priorizar o modelo da externalización e o financiamento de servizos privados antes que reforzar os servizos

públicos, que quedou claro cando renunciaron a 22 millóns de euros para a creación de

prazas públicas de escolas 0-3 o pasado ano ou cos datos que temos sobre o

financiamento dos PAI, onde se recibe 3 veces menos financiamento por praza por parte

da Xunta de Galiza que no caso dos centros privados”. Ademais, denuncian que esta

política “castiga especialmente aos concellos pequenos e ao rural, dificultando a fixación

de poboación e a conciliación das familias”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde a organización nacionalista reclaman á Xunta de Galicia un financiamento xusto e

suficiente para garantir a gratuidade real da escolarización infantil de 0 a 3 anos, así como

a creación de novas prazas públicas. O BNG tamén lembra que os concellos xa soportan

unha forte presión económica pola asunción de competencias impropias, como o Servizo

de Axuda no Fogar (SAF), polo que consideran “inadmisible” que a Xunta continúe

descargando sobre as administracións locais o custo de servizos que son da súa

responsabilidade, máis aínda en concellos de menos de 5000 habitantes que xa sofren

unha presión financeira complexa. “Se a Xunta quere falar de apoio ao rural e de políticas

de conciliación, o primeiro que debe facer é cumprir co financiamento dos servizos

públicos e deixar de asfixiar economicamente aos concellos”, conclúe Fernández.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page