O BNG denuncia no Parlamento o "agravio de Naturgy cara a veciñanza da zona de Portodemouros"
- ecosdacomarca

- hace 10 horas
- 2 Min. de lectura
Sinala que o servizo da barcaza, suspendido na actualidade, cáusalle gran prexuízo á veciñanza, que ten que percorrer 30 quilómetros ao non dispoñer do transporte acordado
Ecos da Comarcar/Xeral
O BNG denuncia no Parlamento o "agravio de Naturgy cara a veciñanza da zona de Portodemouros". Sinala que a Xunta e Augas de Galicia "permiten que a concesionaria do encoro incumpra co contrato do servizo da barcaza, suspendido na actualidade, co
prexuízo que iso lle causa á veciñanza, que ten que percorrer 30 quilómetros ao non dispoñer do transporte acordado".

A iniciativa parlamentar das deputadas comarcais Ariadna Fernández e Iria Carreira foi defendida este xoves na comisión 2ª do Parlamento galego, coa presenza no Pazo do Hórreo de varias decenas de veciños e veciñas afectados polo incumprimento de Naturgy. A súa presenza evidencia a grande preocupación e descontento da veciñanza que sofre os efectos dos paróns do servizo da barcaza, que actualmente non está en funcionamento, e a falta de garantías dunha conexión permanente entre as dúas ribeiras do Ulla á altura do encoro de Portodemouros.
Publicidade
Malia terse acadado un acordo no 2021 da man do BNG onde, por unanimidade, todas as forzas políticas representadas na cámara galega votaron a favor de controlar o cumprimento do contrato da concesionaria, "a realidade dos feitos amosa un total desleixo
por parte do goberno galego" para con esta parte da poboación de Santiso, Vila de Cruces, Agolada ou Arzúa, por exemplo. "O resultado deste desinterese págano todas as persoas que queren cruzar o encoro dende Loño a Beigondo que, no canto de facerse en cinco minutos ao separar as dúas beiras uns 400 metros de conca fluvial, o que teñen é que percorrer 30 quilómetros á volta, co que iso implica en tempo e gasto de combustible".
Publicidade
Sinalan que tanto os concellos afectados gobernados polo BNG, a través de Manuel Adán e Xoán Xesús Carril, coma o portavoz nacionalista Álex Fiúza e as deputadas comarcais
anuncian que despois de tratalo no Parlamento Galego, continuarán con actuacións reivindicativas para que se garanta o servizo da barcaza os 365 días do ano e as 24horas
do día. “A mobilización veciñal leva sendo durante décadas un piar fundamental neste
senso, onde noutro tempo houbo concentracións, manifestacións e mesmo detencións e
xuízos, polo tanto trátase de seguir apoiando a quen vive no rural e precisa servizos para
desenvolverse, por unha cuestión de xustiza e reparación” aclara Fernández.








Comentarios