top of page

O BNG denuncia as “carencias” de servizos públicos para maiores en Lalín

13 oct
2 min de lectura

Mari Fernández critica que a conselleira de Política Social anunciara hai un ano en Lalín 24 novas residencias e ningunha para o concello


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín cualifica como “inadmisible” a deficiencia de prazas públicas nos servizos para maiores e dependentes que padece Lalín. A falta de recursos públicos para atender a unha elevada porcentaxe da poboación -segundo os datos do INE os maiores de 65 anos son un 32% do censo de Lalín- está a provocar “auténticos problemas tanto aos maiores e dependentes como ás familias coidadoras”, segundo as denuncias que o BNG ten recibido das veciñas e veciños.


Fronte a esta situación “real” de “abandono” dos servizos públicos no concello, o BNG critica que en novembro de 2025 a conselleira de Política Social, Fabiola García, “veu a

Lalín a anunciar 24 novas residencias en concellos de menos de 50.000 habitantes, e un

ano despois a Xunta anuncia os concellos onde estarán estes equipamentos e deixa fóra

a Lalín”.

Lembra que foi o propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen o pasado mes de setembro anunciou logo dun Consello da Xunta a ubicación destes centros residenciais para maiores, un total de 1.800 novas prazas “das que Lalín leva cero”, denuncia Fernández Sanmartín. O BNG considera “unha burla” que a conselleira “viñera a Lalín a anunciar a posta en marcha duns recursos dos que precisamente o noso concello quedou fóra, cumprindo todos os requisitos e necesidades”.


Critica Fernández Sanmartín que “non parece que o goberno de Rueda sexa goberno amigo do de Crespo, porque aínda repartindo a maioría das novas residencias en concellos do PP deixaron fóra Lalín”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O BNG de Lalín pedirá explicacións e unha valoración do goberno local do PP a respecto desta “exclusión” do noso concello do novo mapa de equipamentos para maiores e dependencia, e os nacionalistas lalinenses queren coñecer de verdade “o que Crespo pensa a respecto e o que pensa facer para defender a necesidade que Lalín ten de prazas públicas para maiores e dependentes”. Critica Fernández Sanmartín “o bravo que é o señor Crespo onde non goberna o seu partido e o manso diante das inxustizas que o

PP comete con Lalín”.


De feito, sinala Fernández Sanmartín que cando a conselleira de Política Social anunciou as 24 novas residencias para maiores en concellos de menos de 50.000 habitantes, “estaban en Lalín ao seu carón aplaudindo o alcalde e o presidente da Deputación de Pontevedra”. Critica o BNG local que “o goberno do PP siga aplaudindo a un goberno na Xunta que non inviste nas persoas maiores e as dependentes do noso concello, aos que lle teñen negado tamén un centro de día proxectado polo BNG no seu momento desde a Vicepresidencia da Xunta de Galicia”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tendo en conta as últimas cifras a respecto da oferta actual de prazas públicas, que falan de que na comarca hai actualmente 1 praza en residencias para 64 persoas maiores, e que no concello de Lalín a oferta limítase a 148 prazas concertadas repartidas entre a residencia das Dores e Geriatros, o BNG lalinense considera “inaudito” que o goberno local de Lalín “saia excluído das novas 24 residencias anunciadas con sorna no noso

concello e sigan calados”.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page