top of page

O BNG denuncia "anos de atraso no compromiso da Xunta no sector agrogandeiro de Rodeiro"

Lamenta que "os propietarios das parcelas da concentración Val de Camba seguen agardando polos camiños secundarios de acceso aos predios e polas melloras dos camiños principais"


Ecos da Comarca/Rodeiro

Os nacionalistas elevan ao parlamento o que eles recoñecen coma "unha total falla de interese polo desenvolvemento rural de Rodeiro". A deputada Ariadna Fernández destaca a capacidade do sector primario da comarca e de Rodeiro en particular, “é un concello de pouco máis de 2000 habitantes, que conta con máis de 800.000 cabezas de gando, evidenciando que hai gandeiros e gandeiras neste concello que queren manter as súas explotacións abertas e avanzar en melloras, polo que se require de todo o apoio por parte da administración para que a continuidade da gandería en Rodeiro teña o respaldo e o seu proxecto de futuro sexa posible nas súas múltiples producións”.

ree

Fernández insiste en que “non é unha actitude responsable atrasar durante anos os procesos de concentración parcelaria, neste caso con promesas reiteradas sobre o arranxo e remate tanto dos camiños principais coma do desenvolvemento dos secundarios, menos aínda cando no caso da parcelaria Val de Camba que se declarou de utilidade pública, interese social e urxente execución no 2008, feito que parece unha

burla a xulgar polo seu desenvolvemento.”


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A realidade, apunta, "é que as parroquias de Río, Camba, Fafián e Santa Baia agardan por esas infraestruturas a día de hoxe, amosando que o sector agrogandeiro vai a unha velocidade moi superior á administración, que segundo a deputada non acompaña debidamente aos gandeiros e gandeiras".


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Coas iniciativas rexistradas no Parlamento Galego este pasado luns, os nacionalistas instan á Xunta de Galiza a comezar canto antes coas obras precisas para a mellora dos camiños e o seu desenvolvemento na parcelaria Val de Camba, establecendo como prazo para o remate, o primeiro trimestre do 2026. Dende o Bloque Nacionalista Galego aféanlle así mesmo nas preguntas rexistradas, que o acceso ás parcelas continúe nese estado dous anos despois da toma de posesión provisional das mesmas, co que iso implica para o seu uso por parte dos afectados e solicita “celeridade e responsabilidade, con menos visitas e promesas e máis obras, que son as que realmente amosan o respecto por un concello que está a manter en pé un sector chave da súa economía con pouca axuda por parte da Consellería de Medio Rural” engade Fernández.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page