top of page

O BNG denuncia "a censura de Consellería de Educación no IES de Melide"

Segundo foi denunciado pola CIG-Ensino, a Consellería "obrigou a retirar tanto do espazo físico do IES coma das súas propias redes sociais un decálogo no que se recollen as consecuencias do que suporán os recortes que a propia Consellería pretende implantar"


Ecos da Comarca/Melide

O BNG denuncia as actuacións que desenvolveu a Consellería de Educación sobre o IES de Melide, "censurando e limitando a liberdade de expresión do claustro do centro". Segundo foi denunciado pola CIG-Ensino, a Consellería "obrigou a retirar tanto do espazo físico do IES coma das súas propias redes sociais un decálogo no que se recollen as consecuencias do que suporán os recortes que a propia consellería pretende implantar".

O decálogo que foi censurado no IES.
O decálogo que foi censurado no IES.

Recortes, apunta o Bloque, "que suporán a perda de 3 docentes para o curso vindeiro, que se suman á praza que xa foi eliminada durante o curso actual, e que supoñen un impacto directo na calidade educativa que recibe o alumnado melidense e tamén nas propias condicións laborais do profesorado do centro".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Ante esta situación, o BNG anuncia iniciativas no Parlamento Galego esixindo explicacións

e rectificación á Consellería de Educación. “A actuación que está a desenvolver o Partido Popular desde a Xunta de Galiza é profundamente antidemocrática, máis propia de tempos pasados, pretendendo evitar que o profesorado denuncie as consecuencias das

súas políticas mediante a coacción e o medo”, sinala Iria Carreira, deputada nacionalista.


“En vez de preocuparse pola calidade do ensino e non seguir recortando e deteriorándoo,

vemos como o señor Rueda está máis centrado en instaurar un relato único que cada vez

se afasta máis da realidade”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ademais, apunta que “seguiremos traballando tanto para denunciar esta censura antidemocrática como para reverter os recortes que o Partido Popular quere realizar no IES de Melide, para termos un ensino público de calidade para a nosa mocidade”, conclúe.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page