top of page

O BNG define "como propagandística" a visita da conselleira de Medio Rural a Agolada polos lumes

Acusa á Consellería de "chegar tarde e non ser capaz de avisar aos veciños e veciñas afectados polos lumes do Sexo para escoitalos, para saber cales son as súas demandas e as súas necesidades"


Ecos da Comarca/Agolada

Os nacionalistas definen "como propagandística" a visita da conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ás zonas afectadas polos incendios en Agolada. "A visita desta semana de membros da Consellería de Medio Rural á Agolada evidencia o total descoñecemento da comarca e do concello, así coma o desinterese total por atender aos veciños e veciñas que viviron os lumes en primeira persoa este pasado verán" segundo o BNG, crítico cunha visita que cualifica de "oportunista".

ree

Lembran que o pasado mércores, o Director Xeral de Defensa do Monte, acompañado da Conselleira de Medio Rural, achegáronse ao concello de Agolada para analizar a zona

afectada polos incendios no pasado verán. Máis, segundo o BNG, a súa intención reside

mais “nun acto propagandístico ca de propostas reais, con ausencia total de autocrítica na xestión do servizo de extinción” como aclara a deputada Adiadna Fernández, que acusa á Consellería de "chegar tarde e non ser capaz de avisar aos veciños e veciñas afectados polos lumes do Sexo para escoitalos, para saber cales son as súas demandas e as súas necesidades".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Fala a deputada nacionalista dunha “aldea cercada polas chamas na que a poboación,

malia estar confinada decidiu loitar para evitar que arderan as súas vivendas e propiedades por unha falla total de atención por parte de quen é responsable da extinción,

por parte de quen se sentiron abandonados”.


A visita, analizada polo BNG local, non se achega para nada á realidade do ocorrido. A voceira do BNG de Agolada, Susana Tato, aclara que “falan da comunidade de montes veciñais de Brocos, unha comunidade que non existe, din visitar nesa mesma parroquia o lugar dos lumes, cando o que ardeu foi o Sexo, outra parroquia, a varios quilómetros da área que se visitou… máis parece unha visita para a foto e a propaganda que para atender aos veciños, que por certo non estaban presentes e aos que ninguén avisou para participar e dar a súa opinión”. Dende o BNG de Agolada consideran que “hai maneiras e maneiras de facer as cousas, tamén por parte do PP local, que parece estar máis a carón dos seus representantes da Xunta de Galiza que dos seus veciños e veciñas, participando destas visitas baldías no canto de levar aos representantes da Consellería ao Sexo para escoitar o ocorrido e poñer solucións enriba da mesa”. Lembran, así mesmo, que as pistas abertas pola maquinaria nesta parroquia están sen tocar, co que iso implica para a actividade agrogandeira da zona.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A deputada nacionalista recorda que a veciñanza viviu momentos críticos, que merece ser escoitada e que se sentiu enganada. “Quizais por iso a líder do PP non levou aos seus compañeiros da Consellería á zona cero dos lumes, posiblemente alí escoitasen o que non querían oír” indica Fernández, moi crítica coa actuación de Medio Rural neste concello. “Coas parcelarias paralizadas mais de 20 anos e vítima duns incendios para os que nin sequera a Xunta tiña limpos os montes suxeitos a convenios que ten na zona”.


Reclaman seriedade e responsabilidade que transmita interese e solucións reais para Agolada, "coma así se fixo na visita da portavoz nacional do BNG hai meses á aldea do

Sexo, onde se tratou man a man coa veciñanza o que viviron e as súas solicitudes, trasladadas ao Parlamento dende o grupo nacionalista".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page