top of page

O BNG defende a súa charla sobre as farmacias de Palas e reclama cambiar a Lei de 2019

1 oct
2 min de lectura

Lamenta as declaracións da Plataforma pola Defensa da Apertura das Farmacias de Palas


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O BNG sale ao paso das declaracións emitidas esta semana pola Plataforma pola Defensa da Apertura das Farmacias de Palas que criticou a xornada levada a cabo polo Bloque sobre as farmacias (https://www.ecosdacomarca.com/post/a-plataforma-pola-defensa-da-apertura-das-farmacias-de-palas-desvinc%C3%BAlase-de-calquera-partido-pol%C3%ADti ) e sinala que en febreiro, as deputadas do BNG no Parlamento Galego, Montserrat Prado e Olala Rodil, entre outras, presentaron unha Iniciativa que instaba á Xunta a modificar a Lei de Farmacias aprobada en 2019. "Nesta Iniciativa pedíase que as farmacias situadas en localidades con PAC ou con Hospital abran todos os días e funcionen en garda permanente. Esta proposta procura evitar que persoas enfermas ou de certa idade teñan que percorrer decenas de quilómetros para conseguir un medicamento, logo de ser atendidas por persoal médico".

Esta iniciativa, apunta o Bloque, foi recollida no Boletín do BNG de Palas de comezos de ano. "Non prosperou porque o PP negouse a mudar a súa Lei de Farmacias, que outorga unha grande capacidade de decisión aos Colexios de Farmacéuticos. Nos meses seguintes, en Palas de Rei medrou o descontento polo peche de farmacias moitos fins de semana, acolléndose a esta Lei. Houbo unha manifestación con centos de persoas e leuse unha declaración", salienta.


Neste contexto, O BNG resalta que organizou unha charla coa deputada Montserrat Prado, onde se insistiu no carácter das farmacias como servizo público de saúde, que deben complementar a atención dispensada polos PACs polas noites, as fins de semana e

festivos. "Tamén se insistiu en que para evitar o peche das farmacias hai que aprobar unha iniciativa no Parlamento que mude algúns artigos da Lei de Farmacias de 2019. Cremos que esta charla cumpriu o noso deber democrático de informar e favorecer o debate público sobre un tema que nos preocupa".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Uns días despois, lamenta o partido nacionalista, "unha autodenominada Plataforma pola Defensa da Apertura das Farmacias de Palas, sen aportar ningunha solución para que o problema se resolva, arremetía contra o BNG por celebrar unha charla pública cunha deputada. Lembramos que a liberdade de reunión e expresión constitúe un dereito básico dos cidadáns e das forzas políticas. Definen as bases dos dereitos democráticos recoñecidos pola lei. Prohibir a liberdade de expresión e reunión supón reivindicar a longa noite de pedra que o franquismo e o fascismo supuxeron para a nosa sociedade e o noso país".


En Palas de Rei, apunta, "existe un amplo sentimento en prol da apertura de farmacias de garda. Todos os medios para canalizar esta petición son lícitos. Concentracións, carteis e charlas informativas. O BNG opina que ou se convence ao PP de que derrogue algúns puntos da súa polémica Lei de Farmacia a través do labor parlamentario, ou o servizo

público de saúde seguirá deteriorándose en Galiza e no noso municipio. Toda actuación,

combinada co respecto democrático, será boa para acadar este obxectivo".


NOTICIAS RELACIONADAS:



 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page