top of page

O BNG de Vila de Cruces levará a pleno dúas propostas para "un plan real de conciliación"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

#MadrugarMola e #TardesEntretidas son as propostas que presentará o BNG unha vez máis no próximo pleno ordinario, coa finalidade de chegar a ter un "plan real e factible de conciliación" neste concello Concello.

As nais e pais das crianzas trasladaron ao voceiro do BNG Álex Fiúza as deficiencias que existen na implementación do madruga do CEIP CERDEIRIÑAS de Piloño, así como a necesidade de crear un programa de actividades de tarde no CEIP NOSA SEÑORA DA PIEDADE de Vila de Cruces.


"Plantexaremos un incremento do orzamento municipal para corrixir as deficiencias no Plan Madruga en Piloño, ampliando o servizo dende as 8:00 da mañá ata o inicio das aulas, no canto das 8:45. Para o CEIP Nosa Sra da Piedade é fundamental crear un programa de actividades de tarde para a conciliación laboral e familiar como así nolo veñen demandando as familias", asegura Fiuza. Tamén se puntualiza na moción que presentará o grupo nacionalista, a urxencia en tramitar isto antes do verán, pois as familias precisan organizarse.


Por outra banda o BNG, solicita melloras para o plan Concilia Verán, á vez que felicita o feito de ofertar transporte para as crianzas das parroquias, iniciativa presentada polo BNG, mais debe poder implementarse este servizo nas dúas quendas, xa que sería importante que o servizo de transporte estivese a disposición para a quenda das 10:30 se así o solicitasen as familias, xa que actualmente só disponían de transporte ás 9:00 da maña.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Neste senso tamén, o BNG plantexa a posible oferta para que o Concilia de Verán se leve a cabo noutros núcleos do Concello, como en Piloño, xa que se podería dispoñer das instalacións do CEIP, ou mesmo en Merza, cun colexio que os gobernos da Xunta e Vila de Cruces deixaron agonizar nos últimos tempos ata o seu peche.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page