top of page

O BNG de Vila de Cruces denuncia "o gasto excesivo e innecesario en asesores"

"Os orzamentos son o reflexo do proxecto que un goberno quere plasmar para o seu concello, e que quen nos goberna teña que encargar un presuposto a unha empresa externa é fiel indicativo da maior incompetencia que se pode ver", acusan


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces denuncia "o gasto excesivo e innecesario en asesores para que Luis Taboada teña convertido o Concello no seu chiringuito cos cartos de todos e todas".

O BNG de Vila de Cruces.

"A situación de oscurantismo na xestión económica de Vila de Cruces, alcanza o seu auxe despois de catro meses sen acceso ás relacións de facturas pagadas por decreto de Alcaldía. O pasado 28 de decembro puidemos ver 11 novas relacións, con máis de 750.000 euros de gastos, nas que destacan máis de 50.000, en pagos a asesores externos e empresas vencelladas aos mesmos, os cales non son unha inocentada, se non que son destacables as facturas da asesoría financieira externa, que ademais de cobrar todos os meses 1.482 euros, súmase unha nova factura de 4.235, pola elaboración dos supostos orzamentos municipais de 2023,un reflexo de incompetencia absoluta e de falta de proxecto para o concello por parte de quen nos goberna". Así mesmo, o partido nacionalista resalta, segundo el, "os 15.000 euros que leva cobrado o asesor de comunicación por publicidade no seu medio de cabeceira, gabinete de comunicación... Dende o BNG chócanos a capacidade camaleónica desta empresa, a cal é quen de elaborar notas de prensa totalmente partidistas para compartir dende as redes sociais do Concello de Vila de Cruces ata de facer cursos de pilates ou imprimir calendarios".

E indican que aparecen tamén, nestas relacións de facturas "unha nova empresa de asesoramento de urbanismo e arquitectura, que nos últimos cinco meses leva cobrado máis de 9.000 euros, que se suma aos 1.500, que cobra mensualmente a técnica de urbanismo posta a dedo, para a cal se debería ter sacado unha plaza a concurso en 2019, ou os 10.000 euros de asesoramento xurídico".

Todos estes gastos, destacan "sobre os cero euros invertidos en desenrolo de chan industrial, na insignificante inversión en traídas de auga para as parroquias ou no nulo investimento para desenvolver campañas de apoio ao comercio local e hostalaría como vimos solicitando durante anos, e que nestas datas de Nadal, con media vila levantada polas obras, era tan necesario facer". E inciden en que "os orzamentos son o reflexo do proxecto que un goberno quere plasmar para o seu concello, e que quen nos goberna teña que encargar un presuposto a unha empresa externa é fiel indicativo da maior incompetencia que se pode ver nun goberno municipal".

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page