top of page

O BNG de Vila de Cruces denuncia "o abandono e a perigosidade das rúas do municipio"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vila de Cruces, a través do seu portavoz, Alex Fiuza, quere denunciar publicamente "o grave estado de abandono no que se atopan diversas rúas do municipio, unha situación que supón un risco evidente para a veciñanza".

Un exemplo claro desta problemática, apunta, "é a prolongación da rúa do Cine, onde as beirarrúas levan anos nun estado moi deficiente. Tal e como se pode observar, o pavimento presenta importantes fendas, afundimentos e zonas levantadas, cun evidente risco de desprendemento. Ademais, a presenza de maleza entre as xuntas evidencia a falta total de mantemento por parte do goberno municipal".


Segundo sinala o voceiro do BNG cruceño, Álex Fiúza, “esta situación non é nova, leva anos así sen que o Concello tome medidas efectivas para solucionala. Estamos a falar dunha zona transitada na que calquera persoa pode sufrir unha caída ou accidente”.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Desde o BNG advirten de que o deterioro progresivo da beirarrúa non só dificulta o tránsito, especialmente para persoas maiores ou con mobilidade reducida, senón que tamén pode derivar en danos maiores se non se actúa con urxencia.


O grupo nacionalista esixe ao goberno local que actúe de inmediato para reparar esta vía e garantir a seguridade da cidadanía. “Non se pode permitir que o espazo público estea neste estado. É unha cuestión de responsabilidade e de respecto pola veciñanza”, conclúe Fiuza.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O BNG de Vila de Cruces comprométese a seguir denunciando estas situacións e a traballar para que o Concello atenda as necesidades reais da veciñanza.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page