top of page

O BNG de Vila de Cruces demanda o arranxo da pista e balaustre no Quinteiro, na parroquia de Merza

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces demanda o arranxo da pista e balaustre no Quinteiro, na parroquia de Merza. "A seguridade da veciñanza debe ser unha prioridade para calquera administración. Neste caso o camiño de acceso ao Quinteiro no lugar da Moa, onde o transito é numeroso por tratarse dunha zona onde hai vivendas, ademais de ser zona de paso para camiñandes e senderistas que veñen facer a ruta a Fervenza do río Toxa. O pavimento ao ser de cemento rompeu e corre perigo de caer ao camiño de abaixo onde se atopa a entrada dunha vivenda. Urxe tomar as medidas necesarias de reparación co fin de evitar males maiores", recalca o partido nacionalista.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, sinala que "como hai unha altura importante entre os dous camiños é necesario un muro de contención con balaustre para dar seguridade aos que alí pasan e así, tamén se gañaría ancho aos dous camiños. Entendemos desde o Grupo Municipal do BNG que esta é unha cuestión urxente e, non debe demorarse en arranxar e dar seguridade a os vehículos e veciñanza que por alí pasan".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page