O BNG de Vila de Cruces demanda melloras no centro médico desta localidade e no consultorio de Merza
- ecosdacomarca
- hace 5 días
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces levará ao vindeiro pleno municipal unha moción a través da cal demanda melloras no centro médico desta localidade, no de Merza e acondicionamento da sala de pediatría. "O centro médico de Vila de Cruces ten dúas sedes, unha en Vila de Cruces e un consultorio en Merza. Ámbalas dúas precisan melloras importantes para unha atención axeitada e de calidade, tanto para usuarias e usuarios como para os profesionais", recalca.

Denuncia o seguinte:
"1. No entro médico en Vila de Cruces hai goteiras e chans levantados debido ás humidades. Tamén se evidencia en paredes interiores moho negro e verdín. Este problema xa foi denunciado hai máis de 2 anos por parte do BNG de Cruces. Os muros exteriores están desconchados e precisan mantemento. A pasarela de entrada pode ser perigosa pois a separación das barras da baranda están moi separadas e non deberán estar colocadas en horizontal, en forma de escaleira, senón en vertical. Pode supór un risco de caída para crianzas e a pasarela ten unha altura perigosa".
Ademais, pídese dende o corpo médico unha camilla de litotomía (de matrona) posto que a actual está en malas condicións e unha s ala de urxencias máis grande que facilite o traballo nunha situación crítica. "Tamén se solicita acometer unha obra menor na sala de arquivos, pois xa non se usa con ese fin, dado que as historias médicas foron dixitalizadas. Prantéxase tirar o tabique que separa esta sala da sala de urxencias e acondicionar este novo espazo para o seu uso, ademais da necesidade urxente dun carro de parada cardíaca".
2. No centro médico en Merza precísase pintado da sala de consulta. "Tamén colocar unha mellor iluminación nesa sala, pois hai dúas bombillas moi sinxelas que iluminan de xeito moi deficiente. Tamén se precisa un cartel exterior de sinalización do centro médico".
3. Sala de Pediatría en Vila de Cruces: Humanizar e adaptar a sala de agarda.
"Precísase:
Publicidade
- Organizador con caixóns de altura infantil, para que poida ser manipulativos por crianzas dende idade infantil.
- Estantería para libros e revistas de parede con zona baixa (infantil) e zona alta (persoas adultas).
- Pizarra magnética situada á altura de crianzas de infantil.
- Unha mesa con cadeiras para crianzas de infantil.
- Un cambiador abatible no baño de pediatría.
- Un sillón de lactancia para situar nunha sala paralela á sala de agarda. Para isto tamén se pide un biombo ou separador para proporcionar maior intimidade".
Deste xeito:
1. Solicita o apoio da corporación municipal do Concello de Vila de Cruces para resolver esta situación o antes posible.
2. Instar á Xunta de Galiza, en concreto á Consellaría de Sanidade, a resolver as cuestións de infraestructura e servizos, así como a sinalización oportuna dos Centros de Saúde.
Kommentarer