top of page

O BNG de Vila de Cruces demanda a mellora do camiño de Lareo na parroquia de Salgueiros

9 mar 2022
1 min de lectura

"Trátase dunha mostra máis do completo abandono que sufre o noso rural dende hai tres décadas, así como do completo pasotismo dun desgoberno que nunca tivo intención de mudar nada", critica o partido nacionalista


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces bota en falta un "proxecto realista e transparente de camiños por parte do desgoberno local". Recalca que no seu día, durante as negociacións para a Alcaldía, o BNG demandaba poder facerse cargo da área de Medio Rural xunto co mantemento de vías e obras nas parroquias, "xa que é fundamental ter un plan de priorización das vías, e non actuar baixo demanda e intereses estratéxicos, dando lugar á improvisación como así o fai o alcalde ocupa Luis Taboada".

"Camiños como o de Lareo (na imaxe) son prioridade absoluta, xa que dá acceso a unha granxa e a un núcleo grande de vivendas. Trátase dunha mostra máis do completo abandono que leva sufrindo o noso rural dende hai tres décadas, así como do completo pasotismo dun desgoberno que nunca tivo intención de mudar nada, simplemente querendo ocupar cargos institucionais con ánimo de revancha persoal, enganando á veciñanza", cuestiona o BNG. Dende o grupo nacionalista inciden "na importancia de planificar o arranxo de pistas de tódalas parroquias obedecendo así á prioridade de ter estradas saneadas que a veciñanza usa cada día, ofrecendo esta cobertura por igual a tódalas parroquias, e non gardando proxectos aprobados en pleno no caixón cunha mera intención electoralista, como o da Amosa en Ollares, a estrada que une Arnego con Loño ou a de Fornelos (Toiriz)".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page