O BNG de Tabeirós-Deza lanza unha campaña en defensa do pequeno comercio de proximidade
- ecosdacomarca

- hace 3 días
- 2 Min. de lectura
Desenvolverase nos vindeiros días en todas as vilas da comarca con reparto de dípticos e cartaces pola rúa e nos diferentes establecementos
Ecos da Comarca/Deza
O BNG vén de presentar na comarca de Tabeirós-Deza a campaña que desde a formación nacionalista veñen desenvolvendo nos últimos anos baixo o título de “Mellor Local, Mellor Galego. Aposta polo noso, sairás gañando”. Unha campaña “en defensa do pequeno comercio de proximidade, das feiras e mercados tradicionais, dos produtos galegos e da súa etiquetaxe na nosa lingua propia e de defensa d@s autónomas do país e da comarca” .

Esta campaña que se desenvolverá nos vindeiros días en todas as vilas da comarca con reparto de dípticos e cartaces pola rúa e nos diferentes establecementos foi presentada polo responsábel comarcal, Xoán Blanco, e pola deputada no Parlamento, Ariadna Fernández, que asegurou “ O consumo e a aposta polos produtos galegos tén que ser unha prioridade na política económica de comercialización e de comunicación da Xunta”.
E sinala que esta campaña ten dous obxectivos básicos:
Por unha banda, a sensibilización para fomentar o consumo no pequeno comercio. “Ao mercar nos nosos negocios estamos a contribuír ao desenvolvemento económico das nosas vilas, apoiando ás familias que dependen destes comercios ao tempo que se garante a actividade e vida nas rúas da vila” indica Xoán Blanco.
Publicidade
Por outra banda, fomentar a produción alternativa e ecolóxica, impulsar unha marca de calidade e identificación da orixe para produtos hortícolas, pesqueiros e marisqueiros e garantir prezos xustos para os produtos, tamén contribúe ao desenvolvemento económico do noso rural. Neste sentido a deputada, Ariadna Fernández, afirmou que “en Galiza temos unha terra e un mar únicos, con moita riqueza e potencialidade e producimos alimentos de extraordinaria calidade” e invitou a todos e todas a “apostar polo noso”.
O BNG presenta un decálogo de propostas para conseguir este obxectivo entre os que destaca os seguintes.
Unha nova lei do comercio que regule horarios e rebaixas, que aposte pola protección do comercio de proximidade. "Frear as grandes superficies comerciais que só benefician os intereses do grande capital transnacional e desertizan o comercio de proximidade".
Promover o consumo de produtos locais e galegos ( a comezar pola súa inclusión nos comedores públicos dependentes da Xunta de Galiza. Liñas de axudas para a creación e mellora de establecementosque comercialicen produtos autóctonos, xunto coa promoción de alternativas galegas de venda en liña.
Publicidade
Revitalizar os mercados de abasto municipais, caso de Lalín, A Estrada e Vila de Cruces "totalmente abandonado polos gobernos municipais". "Apostar pola súa implantación no resto de concellos, con especial atención a Silleda onde nin hai mercado de abasto nin se recuperou a feira tradicional que lonxe de prexudicar ao comercio local, son un balón de osíxeno para o mesmo, onde se concentra xente sempre acaba beneficiando ao comercio local”.
Defender os dereitos das traballadoras e traballadores autónomos: cotizacións xustas segundo ingresos, formación, liñas de crédito preferentes e axudas directas para modernizar instalacións e dixitalizar comercios.








Comentarios