O BNG de Silleda solicítalle ao Concello a reposición urxente da varanda sobre o regato Cervañiña
- ecosdacomarca

- 12 nov
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O BNG de Silleda vén de presentar un escrito ao Concello solicitando a reposición urxente da sección de varanda que falta na ponte sobre o regato Cervañiña, situada na pista que conecta A Bouza co Lugar de Abades.

“Nese punto, a caída ata o río pode ser duns 5 metros o que dá mostra do grave perigo para a seguridade das persoas que transitan pola zona”, sinala a voceira, Erea Rey, que
reclama ao goberno municipal unha solución urxente, ao tempo que pide que entre
tanto se sinalice a zona para evitar calquera accidente.
Esta demanda súmase ás peticións que o Bloque vén realizando para mellorar os
servizos básicos e as infraestruturas nas parroquias do rural silledense, como a limpeza
de camiños, o acondicionamento de accesos a vivendas e a mellora da rede de
abastecemento e saneamento.
Publicidade
O BNG de Silleda continúa así trasladando ao goberno municipal todas aquelas
necesidades e demandas que recolle da veciñanza, mantendo o seu compromiso coa
mellora continua das condicións de vida no municipio.







Comentarios