top of page

O BNG de Silleda propón crear un aparcadoiro municipal na rúa María Colmeiro

Ecos da Comarca/Silleda

O Grupo Municipal do BNG de Silleda vén de presentar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno coa que busca impulsar a creación dun aparcadoiro municipal na rúa María Colmeiro, nunha parcela situada entre os números 2 e 4 desta vía, no centro urbano de Silleda. A iniciativa pretende dar resposta aos problemas de estacionamento que sofre unha das zonas con maior tránsito da vila.

A parcela, identificada coa referencia catastral 1976010NH6217N0001RD, atópase actualmente á venda e sitúase nun punto estratéxico, entre o colexio María Inmaculada

e a pastelería Dulce Deza. Para o BNG, esta circunstancia supón unha oportunidade que o Concello non debería deixar pasar para incorporar este espazo ao patrimonio

público municipal e poñelo ao servizo da veciñanza.


A portavoz nacionalista, Erea Rey, sinala que “estamos ante unha oportunidade real para resolver un problema que afecta diariamente ás familias, á veciñanza e aos negocios da zona. O Concello debe actuar con previsión e explorar todas as vías posibles para facer deste espazo un recurso público de utilidade para Silleda”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Desde o BNG lembran que o contorno onde se sitúa a parcela concentra unha importante actividade educativa e comercial, o que provoca dificultades de estacionamento especialmente nas horas de entrada e saída do alumnado. A formación considera que a habilitación dun aparcadoiro permitiría mellorar a mobilidade, reducir situacións de inseguridade viaria e facilitar o acceso aos establecementos da zona.


A moción presentada insta ao Goberno municipal a abrir contacto coa propiedade do terreo para estudar fórmulas que permitan a súa adquisición, cesión ou xestión pública.

Ademais, propón que, de alcanzarse un acordo favorable, o espazo se destine prioritariamente á creación dun aparcadoiro municipal e que se elaboren os estudos

técnicos necesarios para garantir a súa correcta integración na contorna escolar e

comercial.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Erea Rey destaca que “as administracións teñen que aproveitar as oportunidades cando aparecen. Falamos dun espazo ben situado que pode contribuír a mellorar a calidade de vida da veciñanza, reforzar a seguridade nunha zona escolar e apoiar a actividade económica local”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O BNG agarda que a proposta conte co apoio do resto dos grupos da corporación, ao tratarse dunha medida orientada a resolver unha demanda práctica da cidadanía e a mellorar os servizos públicos nunha das áreas máis dinámicas do casco urbano de Silleda.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page