top of page

O BNG de Silleda propón actuacións de mantemento urxente no centro de saúde da Bandeira

Ecos da Comarca/Silleda

O Grupo Municipal do BNG de Silleda vén de rexistrar unha moción para ser debatida no pleno ordinario de novembro, na que reclama a redacción e execución inmediata dun plan de mantemento urxente no Centro de Saúde da Bandeira. A iniciativa responde ao grave deterioro que presentan as instalacións, tanto no interior como no exterior, debido ás filtracións de auga e á falta de mantemento ordinario durante anos.

ree

"Grazas ao traballo do BNG durante a negociación dos orzamentos municipais para 2025, xa se incluíu unha partida específica para a renovación da cuberta do centro, co obxectivo de poñer fin ás filtracións. Sen embargo, desde o BNG considérase imprescindible acometer tamén outras actuacións urxentes e complementarias, como son o repintado das salas interiores, a reposición da iluminación interior e exterior, a limpeza da rampla de acceso, a reparación do mobiliario e a mellora da sinalización exterior, entre outras", sinala o Bloque.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, indica que estas demandas son compartidas por persoal sanitario, pacientes e veciñanza, que levan anos reclamando solucións ante o abandono do ambulatorio. O BNG lembra que, "aínda sendo unha competencia impropia, pois a atención sanitaria é competencia da Xunta, o ambulatorio é na actualidade de titularidade municipal e, mentres non se produza un cambio, corresponde ao Concello garantir unhas instalacións dignas".


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A moción presentada insta ao Goberno municipal a poñer en marcha este plan de mantemento urxente e a executar as actuacións necesarias coa máxima celeridade, para devolver ao centro de saúde e á súa contorna "a dignidade e o coidado que merecen".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page