O BNG de Silleda pide ao goberno local que publique os informes que avalan a corta de 12 árbores
- ecosdacomarca
- hace 19 horas
- 2 Min. de lectura
Estas están situadas na Avenida do Parque
Ecos da Comarca/Silleda
O BNG de Silleda levou a cabo este fin de semana unha acción revindicativa, consistente en colocar unha serie de cruces ao pé das doce árbores que o concello pretende tallar co gallo das obras de reforma da Avenida do Parque.

A protesta, que foi reivindicada na noite do domingo nas redes sociais da organización, lanza unha serie de mensaxes tales como Se me coidan, aínda teño moita vida ou Eu xa vivín 5 alcaldes coas que o Bloque quere salientar "que algunhas desas árbores están aínda en bo estado de saúde e outras levan moitos anos dando sombra e vendo medrar a Silleda como vila".
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
Desde o BNG esixen unha vez máis que, de maneira inmediata e sen máis demora, se faga público un informe técnico que certifique que a única solución posible é a súa talla total e que non existe alternativa de tratamento. “Se tal e como dixo a alcaldesa, as árbores que estean sanas van ser transplantadas a outra ubicación, logo porque non as deixan no sitio? Cal é o interese de cortar tamén as que están ben?” indica a portavoz local, Erea Rey, que lamenta que o goberno no se abra a ter un debate serio e sosegado coas demais forzas políticas municipais.
Publicidade
Nese sentido, o BNG recórdalle á alcaldesa que gobernan en minoría e pídelle que convoque un pleno extraordinario para debater sobre o alcance destas tallas e que sexa o Pleno, cos informes técnicos na man, o que decida que árbores deben ser cortadas e cales poden manterse onde están e así continuar dando sombra os días de sol e abrigo os de choiva.
Comentarios