top of page

O BNG de Silleda denuncia "graves fallos na retransmisión do último pleno municipal"

Ecos da Comarca/Silleda

O Bloque Nacionalista Galego de Silleda manifesta a súa profunda preocupación polos numerosos problemas técnicos rexistrados durante a retransmisión en directo do Pleno

municipal celebrado este xoves, día 24, a través da plataforma YouTube.

ree

"Durante boa parte da sesión, o son non se transmitiu correctamente, con cortes constantes e momentos nos que directamente non se escoitaba nada. Ademais, as imaxes tampouco quedaron correctamente rexistradas, o que impide un seguimento completo e fiel do acontecido". Desde o BNG consideran "moi sospeitoso que estes supostos problemas coincidan precisamente co primeiro Pleno no que os seus concelleiros, Erea Rey e Xerardo Díaz, non levaron a súa propia cámara para gravar a sesión. “Agora, os veciños e veciñas de Silleda que queiran saber que se debateu, non poderán facelo a través da retransmisión oficial do Concello”, lamentan.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os concelleiros nacionalistas critican tamén que "a alcaldesa non se preocupase por solucionar estes fallos durante o transcurso do Pleno, a pesar de ser coñecedora da situación polas queixas recibidas por parte de medios de comunicación que seguían a sesión desde as súas redaccións".


Desde o BNG lamentan que o Concello "non adique os mesmos medios nin esforzos a garantir unha retransmisión de calidade dos Plenos como si dedican a facer os vídeos de propaganda sobre a actividade da alcaldesa. Isto é unha mostra clara de falta de respecto do goberno local e do seu equipo de comunicación ao resto da corporación e ao seu traballo institucional”, afirman.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A portavoz do BNG de Silleda, Erea Rey, subliña que “o goberno debe garantir a calidade da retransmisión do debate plenario, por respecto ao traballo do resto de concelleiros e

concelleiras, pero tamén por respecto á veciñanza, que ten dereito a ver e escoitar o contido do debate”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page