top of page

O BNG de Silleda critica que o goberno "venda como novo un plan de asfaltados pactado co BNG"

O Bloque considera que foi "reactivado por interese electoral"


Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda amósase sorprendido de que o goberno local presentase hoxe (por onte) como un “gran plan de viales” "o que non é máis que a continuidade do programa de asfaltados pactado entre o BNG e o PSOE en 2024, e que agora o Concello tenta vender como unha iniciativa propia de cara ás eleccións de 2027". A formación lembra que este anuncio chega "tras un mandato de presión do Bloque para priorizar o rural, que sempre foi o ámbito máis esquecido polos gobernos municipais do PSOE".

A voceira municipal, Erea Rey, subliña que “o BNG leva todo o mandato insistindo en que o rural precisa servizos básicos e investimentos reais. Agora, a un ano das municipais, o Concello presenta isto como unha idea súa. É puro interese electoral”.


Lamela, o exemplo máis claro dun goberno sen proxecto

Para o BNG, o caso da saída da AP 53 en Lamela é “o exemplo máis evidente” da forma de gobernar do executivo local: "catro mandatos sen facer nada nun camiño de titularidade municipal e unha actuación anunciada agora só despois de que o BNGpuxese o foco coa súa acción reivindicativa hai dúas semanas. Levan vinte anos sen mover un dedo e agora aparece todo solucionado de golpe. Se o BNG non denunciase a situación, Lamela seguiría exactamente igual”, afirmou Rey.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O anuncio municipal desmonta, considera o Bloque, "ademais o discurso da alcaldesa, Paula Fernández Pena, que aseguraba que nas súas xestións en Madrid o Ministerio comprometería oarranxo da saída á autopista". “Queda demostrado que aquelas supostas xestións enMadrid non serviron para nada ou nin sequera existiron. Hoxe recoñecen, por fin, que o arranxo é municipal e sempre o foi”, engadiu a voceira nacionalista.


"O plan debe ir a Pleno: basta xa de fragmentar contratos cando convén"

O BNG lembra que un plan de viarios de máis de dous millóns de euros "non pode ser anunciado pola porta de atrás, sen debate nin control político". A formación esixe que o documento sexa levado ao Pleno e critica "a práctica reiterada do goberno local de

fragmentar contratos segundo lle convén, para beneficiar intereses privados vinculados ao círculo da alcaldesa".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

"A Xunta, igual que o Concello: móvese só cando o BNG denuncia"

O BNG lembra ademais que "o comportamento da Xunta é o mesmo que o do Concello. Hoxe mesmo comezaron as obras de asfaltado na PO 205, apenas unha semana despois de que a deputada nacionalista Ariadna Fernández anunciase iniciativas parlamentarias reclamando unha actuación urxente nese tramo. É evidente: cando o BNG denuncia, Xunta e Concello corren; cando o BNG non denuncia, non fan nada. Esa é a súa forma de gobernar”, concluíu Rey.


NOTICIA RELACIONADA:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page