O BNG de Silleda critica "a falta de dilixencia do goberno local no cobro dos recibos do SAF"
- ecosdacomarca

- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
A formación nacionalista pide máis responsabilidade
Ecos da Comarca/Silleda
O BNG de Silleda lamenta que o goberno municipal "deixase durante tres meses sen cobrar os recibos do Servizo municipal de Axuda no Fogar (SAF), que finalmente se pasaron a cobro agora en xaneiro, correspondentes aos meses de outubro e novembro, quedando aínda pendente o de decembro".

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A formación nacionalista considera "inaceptable que unha administración pública non
cumpra as súas obrigas básicas e provoque situacións que poden afectar ás economías
familiares. Para moitas familias do noso municipio un gasto inesperado de 100 euros marca a diferenza entre chegar ben ou mal a fin de mes. Non está ben este abandono de
funcións por parte do Concello”, subliña a voceira local, Erea Rey.
Publicidade
Desde o Bloque lembran que "esta falta de planificación súmase a outras deficiencias xa
denunciadas no SAF, como a ausencia de control político sobre a coordinación do servizo ou os incumprimentos en materia laboral que veñen sendo sinalados polas traballadoras".
Publicidade
O BNG reclama que o goberno municipal actúe "con responsabilidade e garanta unha xestión ordenada e previsíbel, evitando que a súa desidia repercuta nas familias usuarias dun servizo esencial". “Non se trata só de cobrar, senón de facelo con rigor e pensando nas persoas”, conclúe a formación.








Comentarios