top of page

O BNG de Silleda condiciona o seu apoio ao PEF a un acordo previo sobre o usos dos remanentes en 2027

Ecos da Comarca/Silleda

O goberno municipal de Silleda levará a Pleno a aprobación dun Plan Económico Financeiro (PEF) "como consecuencia do exceso de gasto realizado ao longo do ano 2025, un feito que obriga legalmente ao Concello a axustar a súa planificación económica nos vindeiros exercicios", sinala o Bloque. "Desde o BNG de Silleda amosamos a nosa disposición a facilitar a aprobación dun Plan elaborado polos servizos técnicos de Intervención municipal, pero deixamos claro queeste apoio non pode producirse sen diálogo político nin sen un acordo previo sobre o futuro uso dos remanentes municipais".

Os dous edís do BNG de Silleda.
Os dous edís do BNG de Silleda.

O propio Plan, explica o Bloque, que se somete a debate recolle que no exercicio 2027 os ingresos non financeiros superarán aos gastos en 178.000 euros, xerando así unha capacidade adicional de gasto que, "desde o BNG, defendemos que debe empregarse en

investimentos básicos e necesarios para o concello". “Non ten sentido aprobar un Plan Económico Financeiro a cegas, sen falar antes de para que e para quen se van empregar os recursos que ese propio Plan prevé xerar”, sinalan desde o grupo municipal do BNG.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

E recalca que neste mandato, o Pleno vén de aprobar distintas iniciativas impulsadas polo BNG que seguen pendentes de execución, "e que poderían financiarse con esa capacidade adicional prevista para 2027". Entre elas, destaca:

  • Mellorar a accesibilidade das beirarrúas e dos pasos de peóns nos cascos urbanos de Silleda e da Bandeira.

  •  Valorar alternativas para cubrir algún dos parques infantís, garantindo o seu

uso durante todo o ano.

  •  Avanzar na recuperación do antigo consistorio, como espazo de uso público.

  •  Ampliar a rede municipal de traída de augas a outra parroquia do concello.

  •  Dar pasos firmes cara á creación dun aparcadoiro para camións e vehículos de gran tamaño, co obxectivo de retiralos do centro da vila.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"Desde o BNG insistimos en que se hai vontade de diálogo, haberá acordo, e por iso apelamos a que a alcaldesa abandone a dinámica de levar documentos chave a Pleno

sen negociar previamente e se sente a falar para acadar un acordo útil e beneficioso

para Silleda. O Concello necesita planificación, prioridades claras e diálogo político. O que non necesita é repetir fórmulas que xa demostraron non funcionar”, conclúe o BNG.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page