top of page

O BNG de Silleda alerta de vertidos incontrolados de residuos

Pide ao goberno local que investigue estes feitos


Ecos da Comarca/Silleda

Nas últimas semanas, varios veciños e veciñas de distintas parroquias de Silleda puxéronse en contacto cos concelleiros do BNG, tal e como sinalan estes, para denunciar "a realización de vertidos incontrolados e masivos de residuos en parcelas das parroquias de Cervaña, Negreiros e Rellas".

Erea Rey e Xerardo Díaz, os concelleiros do BNG de Silleda.
Erea Rey e Xerardo Díaz, os concelleiros do BNG de Silleda.

Segundo a información trasladada pola veciñanza, e tal e como apunta o Bloque, "estes vertidos están a realizarse mediante cubas que son baleiradas nas fincas, a veces sen o consentimento dos propietarios, en horario nocturno e mesmo coas luces dos tractores apagadas, presumiblemente para evitar ser detectados".


Desde o BNG de Silleda considérase esta situación de "extrema gravidade" e urxe ao

goberno municipal a que tome cartas no asunto, ordene unha investigación inicial dos

feitos por parte da policía local por se puidesen supoñer unha infracción da lexislación

medioambiental vixente. "A veciñanza afectada oponse a estes vertidos por descoñecer a súa orixe e por temor a que poidan afectar á calidade dos acuíferos, cuestión especialmente relevante no medio rural silledense, onde a inmensa maioría das vivendas carecen de servizo municipal de abastecemento de augas".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Desde o BNG animan á cidadanía afectada a que traslade estes feitos ás autoridades

competentes e esperan que o goberno municipal lidere unha resposta firme e decidida

ante esta problemática que pon en risco a saúde ambiental e o benestar da veciñanza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page