top of page

O BNG de Silleda acusa á alcaldesa de "ocultar información e de vulnerar os dereitos da oposición"

O Bloque denuncia "a falta absoluta de transparencia do goberno, que leva semanas sen entregar o informe técnico sobre o estado das árbores da Avenida do Parque"


Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda quere denunciar publicamente "a falta absoluta de transparencia do goberno municipal, que leva semanas sen entregar o informe técnico sobre o estado das árbores da Avenida do Parque. A alcaldesa asegurou no Pleno do 16 de outubro de 2025 que ese informe existía e que estaba en poder do Concello, mais a realidade é que non aparece en ningún expediente municipal".

O 4 de febreiro, o BNG rexistrou unha primeira instancia solicitando oficialmente acceso

ao informe, comprobando nese momento que o documento non figuraba na documentación do expediente. "Transcorridas catro semanas sen resposta nin explicación, o 2 de marzo rexistrouse unha segunda instancia reiterando a petición e lembrando que o artigo 5 do ROF obriga a facilitar toda a documentación aos concelleiros, sen máis trámites nin demoras. A día de hoxe, o goberno municipal segue sen entregar nada e nin sequera respondeu por escrito a ningunha das solicitudes presentadas polos concelleiros

nacionalistas", sinala o Bloque.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Para o BNG, o comportamento da alcaldesa responde "a unha estratexia consciente de ocultación de información e supón un ataque directo á transparencia e ao control democrático por parte da oposición".


O Bloque considera "moi grave que o goberno non entregue un informe que debería ser público e que ten un impacto directo na decisión de cortar 12 árbores de gran porte no centro da vila". “Se o informe existe, debería estar no expediente. Se non existe, a

alcaldesa mentiu no Pleno. En calquera dos dous casos, a situación é inadmisible”, indica a voceira, que lle recorda á rexedora que “o Concello non é unha propiedade privada nin unha oficina ao servizo da alcaldesa. A información é pública e a democracia non se exerce ocultando documentos incómodos. Quen actúa así demostra que ten máis interese en tapar algo que en gobernar con transparencia e respecto pola veciñanza”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

O Bloque lembra que o Pleno municipal aprobou por maioría, o 16 de outubro, un acordo que, aínda sendo non vinculante, si instaba ao goberno a modificar o proxecto da Avenida do Parque e a limitar a tala estritamente aos exemplares enfermos e non recuperables. “Observamos como a alcaldesa nin respecta o acordo plenario, nin entrega o informe que supostamente xustifica a tala. É unha mostra do pouco respecto que ten polo Pleno como órgano de representación da veciñanza”, recalca a voceira.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page