top of page

O BNG de Monterroso celebra que o alcalde rectifique e contrate o Plan Municipal de Igualdade

hace 4 horas
2 min de lectura

"O tempo dános a razón. O que o PP cualificou de demagóxico hai dous anos, agora convértese nunha actuación do propio goberno municipal", sinala Brais Vázquez


Ecos da Comarca/Monterroso

O Bloque Nacionalista Galego de Monterroso celebra que o alcalde decidise finalmente atender a proposta presentada polo BNG en febreiro de 2024 e procedese á contratación do servizo para a elaboración do Plan Municipal de Igualdade, financiado con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A formación nacionalista lembra que esta iniciativa foi defendida polo seu portavoz municipal nun pleno celebrado hai máis de dous anos, "no que o goberno municipal do Partido Popular rexeitou a proposta e chegou a cualificala de «demagóxica»".

Brais Vázquez, portavoz municipal do BNG
Brais Vázquez, portavoz municipal do BNG

O portavoz municipal do BNG, Brais Vázquez, considera positiva esta rectificación: «Alegrámonos de que o alcalde finalmente nos dea a razón e  asuma unha proposta que levamos ao pleno en 2024. O que daquela o PP desprezou e cualificou de demagóxico, hoxe resulta ser unha medida necesaria para o noso concello».


Desde o BNG sinalan que a decisión chega despois da aprobación do novo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero de 2025, cuxa medida 448 contempla revisar os criterios de distribución dos fondos destinados aos concellos, tendo en conta, entre outras cuestións, a existencia de plans de igualdade aprobados, o investimento municipal nesta materia e as actuacións de prevención e atención ás vítimas das violencias machistas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Neste sentido, Vázquez apunta que "o goberno municipal tivo dous anos para poñer en marcha esta iniciativa e decidiu non facelo. Agora, cando o novo Pacto de Estado introduce os plans de igualdade entre os criterios que se deben ter en conta para a distribución dos fondos, o alcalde cambia de opinión. Esta decisión demostra a importancia de presentar propostas útiles para Monterroso, mesmo cando inicialmente son rexeitadas polo goberno municipal. O noso obxectivo é que as iniciativas saian adiante e melloren a vida da veciñanza", subliña o portavoz nacionalista.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O BNG insiste en que a contratación do plan debe ser só o primeiro paso. O documento terá que partir dunha análise da realidade do municipio e establecer medidas concretas, con recursos e mecanismos de seguimento, para avanzar na igualdade entre mulleres e homes, previr as violencias machistas e atender as necesidades específicas das mulleres do rural. "Non queremos un Plan de Igualdade que quede gardado nun caixón. Queremos un documento útil, elaborado contando coa participación da veciñanza e do tecido asociativo, que se traduza en políticas municipais reais", afirma Brais Vázquez.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page