top of page

O IES de Palas acolleu a presentación do xogo de mesa Saint Jacques, baseado no Camiño Francés

hace 29 minutos
2 min de lectura

O Castelo de Pambre ou a Igrexa de Vilar de Donas aparecen recollidos no mesmo


Laura Moure/Palas de Rei

O IES do Camiño de Palas de Rei acolleu onte a presentación do xogo de mesa Saint Jacques, baseado no Camiño Francés. O proxecto contou co apoio da Xunta a través do programa O Teu Xacobeo.

Trátase dun pasatempo inspirado no tradicional Xogo da Oca, que inclúe divulgación, cultura e entretemento. Está pensado para entre dous e seis xogadores a partir dos 16 anos, que teñen que responder a diferentes preguntas para avanzar por un taboleiro de 90 casas. En total contén 4.500 cuestións repartidas en cinco bloques temáticos  - Camiño de Santiago, cultura xeral, ciencia, cine e espectáculos e deportes –.


As preguntas das cartas do xogo suman un total de 4.500 e divídense en diferentes materias (Camiño de Santiago; cine e espectáculos; deportes e entretemento; cultura xeral e ciencia, tecnoloxía e natureza) con diferentes grados de dificultade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Intentouse retratar no taboleiro deste entretemento aqueles lugares do Camiño Francés máis relevantes para cada municipio, o que, ademais de poner en valor estes lugares, fomenta o seu coñecemento, así por exemplo, en Palas de Rei o Castelo de Pambre ou a Igrexa de Vilar de Donas aparecen recollidos no xogo.


O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, asistiu á presentación, na que alumnos e alumnas do instituto palense tiveron ocasión de probar o xogo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O proxecto está promovido por Brinco Soluciones Integrales, que nos vindeiros días  achegará a proposta a outros puntos do Camiño Francés. Así, teñen previsto organizar actividades na Casas do Maior de Portomarín e Triacastela.


A Axencia de Turismo de Galicia ten aberto un novo prazo de presentación de solicitude de axudas do programa O Teu Xacobeo para desenvolver accións na anualidade de 2027. O obxectivo é implicar a toda da sociedade —empresas, entidades e cidadanía en xeral— na celebración e deseño de eventos enmarcados no vindeiro Ano Santo. As peticións poden presentarse ata o 31 de outubro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page