top of page

O BNG de Lalín reunirase este sábado coa veciñanza de Goiás

Ecos da Comarca/Lalín

Pasado o ecuador da constitución da presente Corporación Municipal, desde o Bloque Nacionalista Galego de Lalín sinalan que veñen observando con grande preocupación "a

política de deixadez e abandono que por parte do Partido Popular se está a facer no

referente ao rural. Esta deixadez plásmase na falta de planificación dunha política global

que serva para atender as numerosas demandas e solucionar os graves problemas que

padece a nosa poboación residente nas moitas parroquias que conforman o noso concello".

É por isto, e seguindo coa liña de traballo que se teñen marcado de priorizar a defensa do rural, que desde esta organización política, continúan coa xira de reunións coa que queren chegar á totalidade das parroquias para que deste xeito os veciños poidan informalos de primeira man de cales son aqueles problemas e demandas máis importantes, para así poder trasladalas ao Concello para que alí se debatan.


O obxectivo para o BNG "é defender un rural vivo no económico e no social, sustentable no ambiental e con servizos públicos de calidade á altura do século XXI e sen discriminar aos lalinenses polo lugar de residencia". Os nacionalistas apostan por un medio rural como espazo para vivir e traballar en igualdade de condicións que en calquera cidade ou vila e recoller actuacións no ámbito da produción, comercialización e dos servizos públicos".


A próxima reunión veciñal será hoxe, día 23 de outubro, ás 17:30 horas na parroquia de Goiás, no seu Local Social.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page