top of page

O BNG de Lalín recrimina que na programación cultural deste mes aparezan os actos relixiosos

"Son actos de confesión e incumpren o precepto constitucional de que o estado español é un estado aconfesional, é dicir que non está adscrito a ningunha confesión relixiosa"


Ecos da Comarca/Lalín

"Desde o BNG de Lalín queremos denunciar, desde o máximo repecto á veciñanza que é

practicante ou crente da relixión católica que por primeira vez na historia da democracia

inclúese na súa proramación cultural do concello de Lalín para o mes de xuño a celebración de distintos actos relixiosos que, ao noso entender, retrotráenos a tempos pasados que pensabamos que formaban parte do acervo cultural municipal doutros tempos", sinala o partido nacionalista deste municipio.

ree

Subliña que esta programación, "financiadas exclusivamente por distintas administracións públicas (Xunta, Deputación, Xacobeo, Agadir e Concello de Lalín) inclúe na programación dúas misas e procesións (o 19 e o 26 de xuño) como se se tratara dun acto cultural máis cando na realidade son actos de confesión e polo tanto incumpren o precepto constitucional de que o estado español é un estado aconfesional, é dicir que non está adscrito a ningunha confesión relixiosa".

ree

Así mesmo, apunta o partido nacionalista que "temos que recordar que no concello de Lalín practícanse outras confesións relixiosas e que tamén hai moitísima xente que non practica ningunha, e desde as administracións deben ser respectuosas con todos cun trato igualitario. Cada vez asiste menos xente ás misas e as persoas que asisten xa saben cando se celebran eses actos polo que o feito de que se poña no cartel cultural do mes de xuño o horario de celebración non é outra cousa que facerlle publicidade gratuíta, discriminar ao resto das confesións e veciñanza no crente e de paso congraciarse coa igrexa". E recalca que "nestes tempos de involución democrática que estamos a vivir e que a igrexa católica abraza sen complexos moitos deste preceptos, o BNG quere deixar claro que non se lle pode dar ás nin publicidade a quen pretende retrotraernos a tempos pasados" e pide ao alcalde de Lalín que remate con este tipo de actuacións "que o sitúan nunha posición política rancia pouco acorde cos tempos actuais". O máis preocupante do tema para o BNG é "que amosa o concepto rancio da cultura que ten este goberno e a falta de actividades que xustifiquen dita programación".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page