top of page

O BNG de Lalín reclama unha actuación urxente na Rúa da Ponte

25 ago
4 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín levará ao vindeiro pleno municipal unha moción a través da cal reclama ao Concello unha actuación urxente na Rúa da Ponte. Recalca que a Rúa da Ponte constitúe unha das vías de entrada e saída do núcleo urbano de Lalín e, polo tanto, un espazo de especial importancia tanto para a mobilidade e seguridade da veciñanza como para a propia imaxe da vila. "Porén, o estado actual de diferentes elementos desta rúa evidencia unha situación de falta de mantemento e conservación que require dunha actuación decidida por parte do Goberno municipal".

Foto de arquivo do entorno da Rúa da Ponte de hai meses.
Foto de arquivo do entorno da Rúa da Ponte de hai meses.

O BNG de Lalín xa trasladou estas deficiencias ao Concello e mantivo contacto coa

veciñanza da zona, que veu manifestando reiteradamente a súa preocupación polo estado

deste espazo público.


"Entre as principais deficiencias detectadas atópanse o deterioro das beirarrúas, con fochancas, desniveis e zonas levantadas que dificultan o tránsito peonil e poden representar un risco, especialmente para persoas maiores, crianzas ou persoas con mobilidade reducida. A estas deficiencias súmase o estado de abandono dalgunhas fincas e parcelas situadas na contorna da vía, tanto de titularidade pública como privada, coa presenza de vexetación excesiva que contribúe a empeorar a percepción de abandono e pode xerar problemas de salubridade e seguridade", lamenta o Bloque.


Outro dos problemas máis evidentes, apunta que é o estado do Rego dos Valados, que atravesa a Rúa da Ponte e desemboca no río Pontiñas. A acumulación de vexetación e lixo e a falta dun mantemento adecuado provocan que o seu leito presente un estado claramente deficiente.


O BNG considera necesario que o Concello actúe sobre este punto de maneira inmediata,

realizando as tarefas de limpeza e mantemento que sexan da súa competencia e, paralelamente, estudando a solución definitiva para a súa canalización ou acondicionamento, en coordinación, se fose necesario, con Augas de Galicia e demais

administracións competentes.


"Especial preocupación presenta tamén o *sendeiro peonil que comunica a Rúa da Ponte

coa contorna do supermercado Mercadona*. O seu estado dificulta o tránsito, especialmente en días de choiva, e a falta de iluminación adecuada compromete a

seguridade das persoas que utilizan este itinerario. Non resulta razoable que unha zona urbana utilizada diariamente pola veciñanza careza das condicións mínimas de accesibilidade, seguridade, limpeza e conservación que deben caracterizar o espazo público municipal", recalca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A solución, puntualizan os nacionalistas, "tampouco pode limitarse á realización de actuacións puntuais ou de simple parcheo. É necesario que o Goberno municipal realice unha avaliación integral das necesidades da Rúa da Ponte e estableza unha planificación de actuacións que permita resolver de maneira progresiva todas as deficiencias existentes".


O BNG entende que a veciñanza da Rúa da Ponte ten dereito a contar cos mesmos

estándares de conservación e calidade dos espazos públicos que o resto dos barrios e rúas de Lalín.


Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG considera imprescindible que o Concello "abandone a situación de inacción e adopte medidas concretas, cun calendario e

compromiso de execución".


ACORDOS

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG de Lalín insta ao Pleno da

Corporación á adopción dos seguintes acordos:

  1. Instar ao Goberno municipal a realizar, con carácter inmediato, unha inspección técnica integral da Rúa da Ponte, identificando todas as deficiencias existentes en

    beirarrúas, pavimento, iluminación, mobiliario urbano, zonas verdes, drenaxe e demais

     elementos do espazo público.

  2. Elaborar un plan de actuación para a Rúa da Ponte, con prioridade para as actuacións que afecten á seguridade e accesibilidade peonil, establecendo unha programación concreta e os correspondentes prazos de execución.

  3. Proceder ao arranxo das beirarrúas e zonas de tránsito peonil que presenten fochancas, desniveis, levantamentos ou calquera outra deficiencia que dificulte ou poña en risco o tránsito da veciñanza.

  4. Executar unha limpeza e acondicionamento inmediato do Rego dos Valados, retirando a vexetación, lixo e demais elementos que obstrúan o seu leito, e garantir posteriormente un programa periódico de mantemento.

  5. Estudar e impulsar, en coordinación coas administracións competentes, unha solución definitiva para o acondicionamento e canalización do Rego dos Valados, evitando que a situación actual se reproduza no futuro.

  6. Acondicionar o sendeiro peonil que conecta a Rúa da Ponte coa contorna do Mercadona, garantindo que sexa transitable durante todo o ano e especialmente en

    períodos de choiva.

  7. Dotar de iluminación suficiente e adecuada o itinerario peonil mencionado, co

     obxectivo de garantir a seguridade das persoas usuarias durante as horas de pouca luz.

  8. Revisar e reparar ou substituír o mobiliario urbano deteriorado existente na

    contorna da Rúa da Ponte.

     PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

9. Intensificar as actuacións municipais de limpeza, desbroce e conservación das

 parcelas e espazos públicos da zona e, no caso das parcelas de titularidade privada que incumpran as obrigas de conservación, aplicar os mecanismos previstos na normativa municipal e na lexislación vixente.

  1. Que o Goberno municipal informe aos grupos da Corporación, na comisión correspondente, sobre as actuacións previstas na Rúa da Ponte, os recursos económicos destinados a elas e o calendario previsto para a súa execución.

  2. Que o Concello manteña contacto coa veciñanza da Rúa da Ponte para coñecer de

primeira man as necesidades existentes e facer seguimento do cumprimento das actuacións acordadas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page