top of page

O BNG de Lalín pídelle ao goberno responsabilidades políticas pola sentenza do SAF

Esixe ao PP que actualice xa a quilometra ás traballadoras deste servizo


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín valora moi positivamente a sentenza e parabeniza á GIG e as súas afiliadas por lograr que se normalice unha situación "que o PP de Lalín negou sistematicamente ao conxunto das traballadoras do SAF".


Desde o BNG de Lalín lembran que no ano 2023, as traballadoras do SAF de Lalín cobraban a quilometraxe a 0,18 ata mediados de ano e despois a 0,21 euros por quilómetro, unha cuantía, que como ten defendido en infinidade de ocasións á organización nacionalista, non se axustaba á legalidade, xa que coa subida do IPC debía ascender a 0,22 euros por quilómetro. Así o recoñece a sentenza gañada polas traballadoras da CIG, que decidiron demandar á empresa polo impago desta diferenza." A pesar de que a empresa recoñeceu o erro no acto de conciliación, negouse a aboar as cantidades adebedadas, malia que este feito foi reclamado en reiteradas ocasións polas delegadas da CIG e o BNG".

ree

O importe do quilometraxe que figura no convenio —obsoleto desde o ano 2011— está estipulado en 0,18 euros por quilómetro, dato ao que fixo referencia en pleno o actual concelleiro de Servizos Sociais, Avelino Souto. "Cómpre destacar que non se trata dunha cuantía fixa, como manifestou no pleno no que se tratou esta cuestión, senón dun complemento que debe actualizarse conforme á subida do IPC, actualización que a empresa se negaba a recoñecer e que lle permitíu mantela no tempo o Goberno do PP “desmostrando unha total conivencia entre goberno e empresa, sempre en perxuízo dos lexítimos dereitos das traballadoras”, afirma o voceiro municipal do BNG, Paco Vilariño.


Afirma o BNG que nos pregos de licitación do SAF de Lalín tamén se recollen cantidades erradas, pois se ten en conta que a empresa actual aboa o quilometraxe a 0,23 euros, cando por lei debería pagarse a 0,24 euros desde o ano 2024. Lembran que as auxiliares da CIG reclamaron de novo esta diferenza, correspondente a 2 céntimos por quilómetro, xa que a empresa aboaba 0,22 en lugar de 0,24. Ademais, xa teñen redactada como anunciaron unha nova reclamación para o ano 2025, dado que actualmente a empresa paga 0,23 euros, cando por lei correspóndelles 0,24.


En canto á táboa de custos de repercusión ao servizo pola quilometraxe que figura nos pregos de licitación, estas cantidades tamén son incorrectas, pois o cálculo parte dunha base de 0,23 euros, cando a cuantía legal actual é de 0,24. Segundo estas previsións, as traballadoras cobrarían 0,26 euros por quilómetro no ano 2030, unha cifra por debaixo do que lles correspondería legalmente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Vilariño sinala que o BNG, ao igual que as delegadas da CIG, xa advertiron destes erros en varias reunións mantidas co goberno local, mais a información que achegaron non foi tida en conta á hora de elaborar os pregos, nin se actualizaron posteriormente, a pesar das promesas recibidas.


Para a fronte nacionalista, este feito volta a poñer de manifesto "a falta de interese do Partido Popular por garantir que as traballadoras do SAF conten con condicións laborais dignas, o que leva ao seu voceiro municipal a esixir que se convoque de xeito inmediato a Mesa de Seguimento do SAF". Vilariño critica que "o goberno municipal leva sen convocala moitos meses, a pesar de tela solicitado o BNG desde o 1 de maio, o que non deixa dúbidas para o nacionalista que o PP está, mais unha vez, ao servizo dos seus amigos e empresas".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Lembra Vilariño que o BNG xa ten levado a cabo nos últimos anos numerosas iniciativas públicas, tanto no Concello de Lalín, coma noutros ámbitos, para reclamar algo tan básico para estas traballadoras do SAF coma son os seus dereitos laborais e garantir á cidadanía este dereito social. No Pleno municipal do pasado mes de abril aprobouse cos votos a favor do PP e as abstencións de CXL e PSOE o expediente de contratación de “Servizos de atención domiciliaria do Concello de Lalín: Servizo de Axuda no Fogar”, "no que ao noso

entender lamentablemente quedou en evidencia que un dos sevizos municipais máis importantes que xestiona o Concello de Lalín, tanto pola súa cuantía coma especialmente polas persoas ás que vai dirixido, vai supoñer un auténtico pelotazo para a empresa adxudicataria en contraposición da carencia absoluta de mellor cobertura por parte das mulleres que traballan no mesmo e tamén das persoas demandantes. É evidente que a empresa adxudicataria do servizo vaise facer de ouro e as consecuencias deste nefasto prego vainas pagar o lombo das auxiliares que sofren unha enorme precariedade, e as persoas usuarias".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page