top of page

O BNG de Lalín propón un proxecto de actuación integral na zona das piscinas exteriores

20 jul 2022
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

O Bloque Nacionalista Galego de Lalín propón ao Pleno da Corporación Municipal

a elaboración dun proxecto que contemple unha actuación integral na zona das piscinas

exteriores.

Foto arquivo.

"Unhas das deficiencias que este verán está poñendo de manifesto que padecemos a veciñanza do noso Concello, e que vén sendo arrastrada ao longo de moitos anos, é a carencia dunhas piscinas exteriores en condicións. E cando dicimos que as piscinas exteriores carecen dunhas condicións minimamente solventes, estamos referíndonos aos múltiples problemas que teñen: falta de zonas verdes o que imposibilita en moitísimas ocasións a colocación dunha simple toalla; unhas dimensións das piscinas que se quedan insuficientes para a demanda que hai, sobre todo a da zona infantil; fugas de auga

constantes que significan un auténtico derroche (máxime nos tempos que estamos) como

consecuencia do desgaste do tempo das mesmas e que afectan a rúas como é o caso da rúa Areal na que os seus veciños quedan en varias ocasións sen auga ou con moi pouca presión; a maximicación das mesmas supón en moitas ocasións un perigo de seguridade para os bañistas, etc", indica o partido nacionalista.


Na actualidade, sinala, non existen unhas piscinas públicas descubertas en "condicións óptimas destinadas ao baño recreativo, o que supón unha carencia histórica no noso concello. Este servizo de piscinas descubertas con fins de ocio e recreativo, aínda non é unha realidade, pese a ser un servizo moi demandado polos veciños e veciñas de Lalín, que plantexan unha carencia con respeto ao ocio no verán na nosa vila".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por este motivos, desde o BNG "pensamos que a actuación ten que ser ambiciosa e con vocación de facer que sexa un referente, e incluso un reclamo para achegar xente a Lalín; e por iso pensamos que ten que abarcar o conxunto de toda a zona das piscina exteriores actuais incluída a antiga piscina climatizada que obviamente, agás os vestiarios, converteuse nunha nun esquelete dunhas ruínas que nunca tivo que ter chegado a tal punto de abandono. Así mesmo pensamos que dito proxecto ten que recoller elementos e atraccións que sexan diferenciadores e supoñan contar con novos atractivos, incluído un parque da auga. Unha das máximas do BNG de Lalín é o aproveitamento de espazos pensados no disfrute e na convivencia e así o amosa a creación dun parque de auga multiaventura".


Por suposto, recalca, un proxecto coma este "non pode entenderse sen un diseño respectuoso co Medio Ambiente, por iso o parque da auga contaría cun sistema de recirculación, un sistema que recicla e desinfecta a agua que entra e sae da área de xogos".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page