top of page

O BNG de Lalín propón adicar un espazo público ás traballadoras do téxtil

Paco Vilariño: “Queremos que teñan un lugar visible na nosa memoria colectiva”


Ecos da Comarca/Lalín

O Bloque Nacionalista Galego de Lalín solicita publicamente ao goberno local que o Concello dedique un espazo público ás traballadoras do sector téxtil, en recoñecemento á súa contribución decisiva á economía local e á vida social do municipio ao longo de décadas.

ree

O seu voceiro municipal, Paco Vilariño, salienta que milleiros de mulleres deste concello desenvolveron o seu labor en fábricas, obradoiros téxtiles e nas súas casas, “traballando arreo, moitas veces en condicións laborais moi duras, con longas xornadas e con salarios baixos, pero garantindo o sustento de milleiros de familias e impulsando o desenvolvemento económico de Lalín”. “A historia de Lalín está intimamente ligada ao sector téxtil e ás mulleres que o fixeron posible, una importantísima industria no seu momento, con varias empresas incluso destacadas pola súa importancia a nivel estatal. Queremos que teñan un lugar visible na nosa memoria colectiva”, explicou Vilariño.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

Desde o BNG fan tamén mención ás numerosísimas mulleres que non formaban parte de empresa nin fábricas como asalariadas, desenvolvendo o seu labor de forma independiente, e na maioría dos casos en precario, traballando desde as súas casas coas máquinas “Singers”, ás que se chamaba costureiras e que tiveron co seu esforzo un papel moi importante no mantemento das economías familiares.


Vilariño afirma que que “o sector téxtil foi durante moito tempo un piar fundamental na economía de Lalín, xerando emprego, renda e identidade produtiva. Detrás deste esforzo estiveron maioritariamente mulleres, que contribuíron co seu traballo á prosperidade das súas familias e do noso concello”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A proposta inclúe que o espazo, xa sexa unha praza, rúa, rotonda, etc, estea acompañado dunha placa ou elemento explicativo que recolla a importancia histórica e social deste traballo, visibilizando así a súa relevancia para as xeracións futuras. “Non falamos só de historia laboral, senón de memoria social e de xuztiza. É tempo de devolverlles, polo menos simbolicamente, una parte do que nos deron”, concluíu o voceiro municipal.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page