O BNG de Lalín preocupado por como lle pode afactar á agua unha obra dunha granxa en Bermés
- ecosdacomarca

- 12 dic 2025
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín mostra a súa preocupación e a da veciñanza sobre como lle pode afectar á auga a ampliación de explotación de cebo de porcino e fosa de xurro, nunha parcela preto do lugar do Vento -parroquia de Bermés.

"Na acta da sesión ordinaria celebrada pola Xunta de Goberno Local o día 30 de maio de 2025, aparece a CONCESIÓN DE LICENZA DE OBRA A CARRIENTO S.C. para ampliación de explotación de cebo de porcino e fosa de xurro, nunha parcela preto do lugar do Vento -parroquia de Bermés – Lalín (expediente no 2932/2023). Este Grupo Municipal nacionalista ten dúbidas e preocupación ante a execución de que tal obra poida afectar á calidade e salubridade da auga que mana dunha fonte pública existente na zona que, precisamente, foi arranxada en datas recentes polo Concello de Lalín; así como á dos numerosos mananciais e traídas de auga para vivendas que se abastecen da veta existente no denominado Monte das Brañiñas", indica o Bloque.
Ademais, sinala que "varios veciños e veciñas da zona dirixíronse á nosa formación nacionalista, para facernos partícipes da súa preocupación ante a inminente execución da obra proxectada".
Por tal motivo, o BNG, facéndose eco da alarma veciñal existente, formula as seguintes preguntas para a súa resposta por parte do grupo de goberno do Concello de Lalín:
A obra de ampliación desa explotación conta con autorización da Augas de Galicia?
Que medidas correctoras inclúe Augas de Galicia para asegurar que a execución desa obra non afecte á calidade e salubridade desa auga?
Publicidade
A obra conta co necesario informe ou autorización medioambiental?
Que medidas correctoras inclúe o organismo competente en materia ambiental para asegurar que a execución desa obra non afecte á calidade e salubridade desa auga
Que condicionantes ou medidas correctoras impón o informe técnico municipal para asegurar que a execución desa obra non afecte á referida calidade e salubridade da auga?
Publicidade
Coñece o Concello de Lalín a cantidade de mananciais e traídas de auga para as vivendas que se abastecen desa veta existente no denominado Monte das Brañiñas e que se poderían ver negativamente afectadas pola construción que foi autorizada?








Comentarios