top of page

O BNG de Lalín, “preocupado” polos últimos datos do PIB por municipios do IGE

Sinala que "o PIB por habitante de Lalín é máis de 4.000 euros inferior á media galega e case 1.000 euros menos ca media da comarca"


Ecos da Comarca/Lalín

Logo de publicarse o pasado 26 de decembro os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) relativos ao Produto Interior Bruto (PIB) por concellos, o BNG de Lalín considera “preocupantes” as cifras relativas a este municipio. Segundo o IGE o PIB por habitante de Lalín é de 17.587 euros, unha cifra moi baixa con respecto á media galega e tamén inferior á media dos concellos da Comarca do Deza. En concreto o PIB por lalinense é 4.168 euros menor que o ca media galega, situado en 21.755 euros por habitante.

Para a súa Responsable Local, Mari Fernández, outro dato “alarmante” é a comparativa do PIB por habitante de Lalín coa media da comarca do Deza e coa maioría dos seis concellos que a firman. Segundo os últimos datos do IGE o PIB por lalinense é case 1.000 euros menor que a media comarcal, situada en 18.383 euros por habitante. No que atinxe aos datos dos seis concellos da Comarca do Deza, Lalín está na parte baixa da táboa respecto destas cifras, xunto cos concellos de Vila de Cruces e Agolada, mentres que as cifras de Rodeiro, Silleda e Dozón superan amplamente as da capital comarcal.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


No caso de Rodeiro o PIB por habitante case dobra ao de Lalín, cun total de 26.007 euros. En Silleda as cifras do IGE falan dun PIB per cápita de 20.388 euros e en Dozón a cifra acada os 20.276 euros por habitante. Tamén chama a atención dos datos do PIB no concello a excesiva dependencia do sector servizos no PIB municipal, representando o 50,9% do Valor Engadido Bruto (VEB) da economía local. A industria representa o 18,7% do VEB lalinense, o sector primario un 12% e a construción un 7,4%, segundo os datos desagregados do IGE.


Á vista destes datos do IGE, o BNG de Lalín reclama ao goberno municipal do PP “baixar á realidade e poñerse a traballar pola economía do concello”. A responsable local, Mari Fernández Sanmartín, critica que o goberno do señor Crespo “está máis preocupado polos seus proxectos faraónicos que por atender a economía e xeración de riqueza e produtividade para a veciñanza”. Sinala Fernández Sanmartín que “os datos son públicos e están aí precisamente para analizalos con responsabilidade e facer políticas correctoras de cara ao futuro. E iso é o que fai o BNG de Lalín”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Estratexias de futuro

"Desde o BNG lalinense convidamos ao goberno do PP a arremangarse e poñerse a traballar dunha vez por todas polo noso concello e o seu futuro”. Fernández Sanmartín critica que “non pode ser que un goberno municipal basee a súa estratexia en endebedar

á veciñanza cada ano máis”. No canto da “política económica de ocorrencias e enganos” que practica o PP no Concello de Lalín, o BNG reclama “unha análise seria dos datos

económicos e o deseño de auténticas políticas e estratexias de futuro que coloquen ao

noso concello no lugar que merece”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

“Non pode ser que a única estratexia económica deste concello sexa que o señor Crespo

diga en entrevistas que hai empresas interesadas en instalarse en Lalín, non somos a súa finca particular”. Fernández Sanmartín advirte de que “o populismo, tamén en temas de economía, conducen sempre ao desastre”. Por iso, o BNG de Lalín insta ao PP a “mudar

o rumbo, cambiar improvisación por seriedade e usar todos os resortes da política municipal para deseñar o futuro deste Concello”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page