O BNG de Lalín pide que volvan os paraugas de cores e que se amplíe a outras rúas con distintas temáticas
- ecosdacomarca

- 7 jul
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
A voceira municipal do BNG de Lalín, Mari Fernández, anuncia a presentación dunha iniciativa plenaria para conminar ao grupo de goberno a instalar os paraguas de cores en distintas rúas do casco urbano. Fai esta proposta extensiva a outras rúas do casco urbano, con diferentes elementos decorativos, tal e como anunciara cando o BNG estaba no goberno que ía facer e que o cambio de goberno evitou que se plasmara nese verán. "Unha negativa que non se entende debido a que desde o propio goberno actual díxose en varias ocasións que a estrutura multicolor foi una boa idea", lembra.

Fernández que lembra que foi Paco Vilariño o responsable desta iniciativa, discrepa coa
postura do executivo local e di que durante o cuatripartito foi moi positiva para Lalín. "Son máis necesarios que nunca, porque os paraugas xa se compraron e só hai que asumir o custo da montaxe e a maiores mercar novos elementos para outras rúas pero sabendo
que son investimentos menores e que quedan para poder empregar en sucesivos anos. A experiencia ten demostrado con rotunda claridade que impacto positivo e o retorno é infinitamente superior á invesión inicial", sostén.
PUBLICIDADE
Para o BNG esta iniciativa de cubrir varias rúas con elementos decorativos de cores axuda a potenciar a chegada de visitantes durante a época estival e que tan necesaria se fai nestes momentos. O obxectivo é embelecer tramos peonís dunha maneira "moi visual e orixinal" e convertirlos, deste xeito, "nun novo e potente reclamo para turistas e veciños", apunta a voceira nacionalista.
Desde o BNG entenden que este tipo de accións non son meramente ornamentais, senón
que responden á necesidade de facer de Lalín unha vila máis acolledora, viva e con identidade propia. Os paraugas de cores, coma outros elementos decorativos, están a ser
utilizados con éxito en múltiples vilas e cidades do país e do mundo, xerando espazos
atractivos para veciñanza e visitantes, favorecendo o paseo a pé, a interacción social, a
actividade social e o apoio ao comercio local.
PUBLICIDADE
Ao tempo, Mari Fernández considera que estes elementos forman parte "dunha aposta por
humanizar o espazo urbano, facelo máis amable e inclusivo, e fortalecer o orgullo de
pertenza á nosa vila". Afirma a nacionalista que “non se trata só de poñer cor, senón de
crear experiencias compartidas que revaloricen o casco urbano e os seus espazos
públicos”.
Desde a fronte nacionalista reivindican tamén que a cultura, a creatividade e a estética deben formar parte das políticas públicas municipais. Polo tanto, animan ao goberno local
a manter e ampliar estas iniciativas, sempre en diálogo coa veciñanza e co tecido asociativo, garantindo unha programación cultural e estética continua ao longo de todo o
ano.
PUBLICIDADE
En palabras de Mari Fernández Sanmartín “desfacerse desta proposta só obedece á estratexia dun goberno que se move por revanchismo e que non responde á defensa do interés xeral do conxunto dos vecinos e veciñas”.









Comentarios