top of page

O BNG de Lalín pide que volvan os paraugas de cores e que se amplíe a outras rúas con distinta temática

Paco Vilariño: “O obxectivo é embelecer rúas para convertelas nun novo e potente reclamo para turistas e veciñanza"


Ecos da Comarca/Lalín

O voceiro municipal do BNG de Lalín, Francisco Vilariño, anuncia a presentación dunha iniciativa plenaria para conminar ao grupo de goberno a instalar os parauguas de cores en distintas rúas do casco urbano, e tendo en conta que na rúa Colón este ano non sería viable polas obras que se están acometendo de rehabilitación de dous edificios en dita ubicación. Fai esta proposta extensiva a outras rúas do noso casco urbano, con diferentes elementos decorativos, tal e como anunciara cando estaba no goberno que ía facer e que o cambio de goberno evitou que se plasmara nese verán.

"Unha negativa que non se entende debido a que desde o propio goberno actual díxose en varias ocasións que a estrutura multicolor foi una boa idea", lembra. Vilariño, como responsable desta iniciativa, discrepa coa postura do executivo local e di que durante o cuatripartito foi moi positiva para Lalín. "Son máis necesarios que nunca, porque os paraugas xa se compraron e só hai que asumir o custo da montaxe" e a maiores mercar novos elementos para outras rúas pero sabendo que son investimentos menores e que quedan para poder empregar en sucesivos anos. "A experiencia ten demostrado con rotunda claridade que impacto positivo e o retorno é infinitamente superior á invesión inicial", sostén.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para o BNG esta iniciativa de cubrir varias rúas con elementos decorativos de cores axuda a potenciar a chegada de visitantes durante a época estival e que tan necesaria se

fai nestes momentos. O obxectivo é embelecer tramos peonís dunha maneira "moi visual e orixinal" e convertirlos, deste xeito, "nun novo e potente reclamo para turistas e veciños", apunta o voceiro nacionalista.


Desde o BNG entenden que este tipo de accións non son meramente ornamentais, senón que responden á necesidade de facer de Lalín unha vila máis acolledora, viva e con identidade propia. Os paraugas de cores, coma outros elementos decorativos, están a ser utilizados con éxito en múltiples vilas e cidades do país e do mundo, xerando espazos

atractivos para veciñanza e visitantes, favorecendo o paseo a pé, a interacción social, a

actividade social e o apoio ao comercio local.


Ao tempo, Vilariño considera que estes elementos forman parte dunha aposta por humanizar o espazo urbano, facelo máis amable e inclusivo, e fortalecer o orgullo de pertenza á nosa vila. Afirma o nacionalista que “non se trata só de poñer cor, senón de

crear experiencias compartidas que revaloricen o casco urbano e os seus espazos

públicos”.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde a fronte nacionalista reivindican tamén que a cultura, a creatividade e a estética deben formar parte das políticas públicas municipais. Polo tanto, animan ao goberno local a manter e ampliar estas iniciativas, sempre en diálogo coa veciñanza e co tecido asociativo, garantindo unha programación cultural e estética continua ao longo de todo o

ano.


En palabras de Vilariño “desfacerse desta proposta só obedece á estratexia dun goberno

que se move por revanchismo e que non responde á defensa do interés xeral do conxunto

dos vecinos e veciñas”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page