top of page

O BNG de Lalín pide a elaboración dun Plan de Tráfico

Mari Fernández: “É evidente que o PP non ten modelo de vila”


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín denuncia "a tomadura de pelo constante do goberno local do PP, que leva anos anunciando a elaboración dun Plan de Tráfico mais a realidade é que segue sen nen

sequera presentalo". Para o Bloque, "esta é outra mostra máis da incapacidade e do desleixo dun executivo que vive instalado na propaganda e nas fotos, mentres Lalín continúa sen unha mínima planificación na mobilidade urbana".

A responsable Local do BNG, Mari Fernández, afirma que“as veciñas e veciños están fartas de sufrir o caos circulatorio, os atascos diarios, e a descoordinación absoluta nas obras e cortes de rúas”, explican dende o grupo nacionalista. “O PP leva anos prometendo un Plan de Tráfico e o único que temos é desorde e improvisación. Non hai proxecto nin visión. É evidente que o PP non ten modelo de vila.”


O BNG considera que o goberno popular "carece por completo de ideas e de compromiso co futuro de Lalín, e que a súa xestión está marcada polo abandono, a falta de diálogo e o desprezo pola veciñanza". “O PP pensa que gobernar é sacar fotos e facer anuncios baleiros, pero o tempo xa os deixou en evidencia: nin plan, nin orde, nin rumbo”, denuncian.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por iso, o Bloque esixe a elaboración inmediata dun Plan de Tráfico serio, participado e sustentable, que poña fin ao caos e sente as bases dun modelo de vila pensado para as persoas, non para os intereses partidistas do PP. “Lalín merece un goberno que planifique e que pense no ben común, non un PP esgotado e sen ideas que só mira polo titular do día”, conclúe Mari Fernández.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page