top of page

O BNG de Lalín: "O PP só busca a confrontación política coa concentración sobre Ceuta"

1 sept
2 min de lectura

Denuncia que "o PP utiliza o nome e os medios da institución para promover unha convocatoria partidista"


Ecos da Comarca/Lalín

O Consello Local do BNG quere pór en coñecemento da veciñanza de Lalín e deixar claro

"que non é o Concello de Lalín como institución quen apoia a concentración do próximo mércores polo problema humanitario xerado pola avalancha de inmigración en Ceuta, senón que é o Goberno Municipal do PP".

"Denunciamos que o Grupo do PP de Lalín utilice o nome e medios institucionais e municipais, como poden ser as redes sociais que teñen a finalidade de informar de eventos e actos culturais da institución, para promover unha convocatoria coa que se busca a confrontación política", recalca.


Asemade, desde o Grupo Municipal do BNG queren manifestar "que non é o Concello de Lalín, como institución representativa de toda a cidadanía lalinense quen apoia e convoca a concentración anunciada para o próximo mércores 2 de setembro diante da casa do Concello". O BNG considera especialmente "grave que o Goberno Local de Xosé Crespo

empregue o nome, medios e canles oficiais do Concello para presentar como insitucional e consensuada unha iniciativa que responde exclusivamente á estratexia política do Partido Popular a nivel de Estado".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Estamos, apunta o Bloque, "perante unha convocatoria coa que se busca a confrontación política. O apoio á cidadanía de Ceuta non pode utilizarse como escusa para alimentar a división nin para trasladar a Lalín unha campaña partidista do PP de Fejóo no Estado. Non é de recibo que o Goberno Local pretenda apropiarse da nosa ou a de toda a representación na Corporación e falar en nome do Concello sen previo aviso ou acordo ningún co BNG".


A solidariedade con Ceuta, salientan os nacionalistas, "merece responsablilidade, respeto e unidade institucional. Non pode converterse nun instrumento de confrontación nin empregarse para confundir deliberadamente aos veciños e veciñas".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O BNG de Lalín denuncia que esta convocatoria de concentración "non responde a un consenso municipalista; senón a unha manobra unilateral do Partido Popular para instrumentalizar a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) dentro da campaña antiinmigración que desenvolve conxuntamente coa ultradereita de VOX. Unha estratexia que procura alimentar a xenofobia e criminalizar a migración aproveitando un drama humano".


E recalca que "dende o BNG somos plenamente solidarios coa situación complexa e dramática que se vive en Ceuta e en toda a súa liña fronteiriza. Mais esa solidariedade significa esixir políticas de acollida dignas e dereitos humanos, non sumarse a actos de propaganda que deshumanizan ás persoas migrantes, entre os cales hai menores que son moi vulnerábeis e aos que se lle chegou a impedir pola forza o auxilio de súa alimentación aos voluntarios locais da Cruz Vermella. Para rematar, como galegas e galegos, somos un pobo historicamente emigrante que ten sufrido a necesidade de buscar un futuro fóra da Nosa Terra; rexeitamos categoricamnte a criminalización dos fluxos migratorios e a xenofobia que o tándem das dereitas PP-VOX propicia coa súa irresponsabilidade, un dúo que se complementa en branquear posicións violentas e máis propias do fanatismo fascista que tanto dano ten causado en tempos non tan lonxanos".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page