O BNG de Lalín lamenta as “promesas incumpridas” arredor do edificio de servizos integrados da Xunta
- ecosdacomarca

- 20 jun
- 2 min de lectura
Mari Fernández considera “un insulto” que Xunta e Concello “sigan facéndose fotos e anunciando datas que nunca cumpren”
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín considera “un insulto e unha nova tomadura de pelo á veciñanza” que a conselleira de Medio Rural e o alcalde de Lalín “volveran onte (polo xoves) facer outra foto máis nas obras eternas do edificio de servizos integrados da Xunta de Galicia no noso concello”. A voceira municipal nacionalista, Mari Fernández Sanmartín, pediu a ambos responsables políticos “un pouco de vergoña” e pediu que “deixen de insultar á cidadanía co enésimo anuncio dunha data de apertura deste edificio que leva nas mans do PP na Xunta desde o ano 2011”.

O BNG de Lalín lembra que este proxecto foi obra dunha Consellería nacionalista no goberno bipartito da Xunta, que a entrada do PP no Goberno galego “converteu nunha
odisea de idas e voltas e atrancos que nos levaron até hoxe e seguimos sen ver rematado o edificio”, sinalou Fernández Sanmartín. A voceira nacionalista considera “intolerable”
que logo das idas e vidas dos gobernos do PP na Xunta con este proxecto “aínda teñan a
cara dura de vir a dicirnos que os traballos están moi avanzados e que a ver si está listo
para finais de ano”.
PUBLICIDADE
Critica Fernández Sanmartín esta política de “foto sobre foto e anuncio sobre anuncio”
da Consellería do Medio Rural “coa participación e o aplauso do alcalde de Lalín”. As
obras do edificio de servizos integrados da Xunta en Lalín, lembra o BNG, foron
adxudicadas en setembro de 2023 cun prazo de execución de 21 meses. “Primeiro
viñeron facer a foto e dicirnos que estaría no verán de 2025, despois xa era no segundo
semestre, e un ano despois -estamos rematando o primeiro semestre de 2026- seguimos
facendo fotos e alargando prazos”.
PUBLICIDADE
Fernández Sanmartín insta aos gobernos do PP na Xunta e o Concello a “traballar máis
e facer menos fotos”. Critica que os incumprimentos con Lalín “son unha falta de
respecto á veciñanza deste concello e a toda a Comarca do Deza” e lémbralles que “a
xente ten memoria e sabe contar o tempo, e no BNG de Lalín non imos consentir que o
PP siga xogando coa veciñanza”.
NOTICIA RELACIONADA:
Gómez sinala que o edificio de servizos integrados da Xunta en Lalín se atopa na súa fase final: https://www.ecosdacomarca.com/post/g%C3%B3mez-sinala-que-o-edificio-de-servizos-integrados-da-xunta-en-lal%C3%ADn-se-atopa-na-s%C3%BAa-fase-final








Comentarios