top of page

O BNG de Lalín denuncia reiterados actos vandálicos a vehículos estacionados

Mari Fernández: “Hai que tomar medidas xa debido a que se están producindo desde febreiro”


Ecos da Comarca/Lalín

O Bloque Nacionalista Galego de Lalín quere trasladar a súa preocupación tras recibir numerosas queixas de veciñas e veciños que aseguran que, dende o mes de febreiro, se veñen producindo actos vandálicos nos coches estacionados en varias rúas do casco urbano de Lalín. Os últimos casos dos que son coñecedores producíronse esta fin de semana na rúa da estación de autobuses, onde aparecen vehículos con raiaduras e danos na chapa e na rúa Álvaro Cunqueiro cun coche con tres rodas rachadas.

ree

"As persoas que se dirixiron ao BNG de Lalín informáronos de que os danos nos seus vehículos se produciron incluso durante o día como é o caso das raiaduras na rúa da Estación, o que incrementa a preocupación pola impunidade con que parecen actuar os autores destes feitos", sinala o Bloque.


A responsable Local nacionalista, Mari Fernández, advirte que estas situacións repítense con frecuencia e están a xerar un evidente malestar, preocupación e sensación de inseguridade entre quen vive ou estaciona en certas zonas de Lalín.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Destacan desde o BNG que hai que salientar que xa se presentaron varias denuncias ante a Garda Civil, o que evidencia a gravidade da situación. Desde o BNG de Lalín consideran inadmisible que se produzan este tipo de actos na vila e instan ao goberno municipal a actuar con urxencia, reforzando a vixilancia e adoptando medidas eficaces para garantir a tranquilidade e seguridade da veciñanza.


Así mesmo, animan ás persoas que poidan verse afectadas a presentar denuncia ante as autoridades competentes, co obxectivo de facilitar a investigación dos feitos e esclarecer responsabilidades. O BNG de Lalín reitera o seu compromiso coa defensa dun concello seguro e respectuoso, no que se garantan os dereitos e a convivencia de toda a cidadanía.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page