top of page

O BNG de Lalín denuncia que a Oficina de Turismo estivo pechada en plena tempada estival

Mari Fernández: “Resulta incomprensible e inadmisible que, en plena tempada alta, permanecera pechada”


Ecos da Comarca/Lalín

O Bloque Nacionalista Galego de Lalín denuncia "a insólita situación do peche da Oficina de Turismo do Concello durante os meses de verán, xusto cando o municipio recibe un maior número de visitantes interesados en coñecer o noso patrimonio, a nosa cultura e a nosa gastronomía. Resulta incomprensible e inadmisible que, en plena tempada alta, a Oficina de Turismo permanecera pechada, privando así a veciñanza e aos turistas dun servizo esencial para a proxección e promoción do noso concello".

ree

A responsable local do BNG, Mari Fernández, lembra que durante o mandato de Paco Vilariño como concelleiro de Turismo, a oficina estivo sempre aberta nestas datas, con horario estable e persoal ao fronte, garantindo unha atención de calidade aos visitantes e

contribuíndo activamente á dinamización do sector turístico local.


"A actual deixadez do goberno municipal evidencia unha alarmante falta de planificación e

de interese pola promoción de Lalín como destino turístico. Non abonda con facer

promoción da Feira do Cocido, iso é moi importante, mais Lalín é moito máis", afirma Mari

Fernández, engadindo “hai que apostar por unha política turística seria, continuada e con

presenza no territorio”.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para o BNG, chove sobre mollado, cando lembran que hai dous meses que denunciaron a

situación do novo horario do museo “Ramón María Aller”. "Desde entón, esta instalación

municipal abre, unicamente, de martes a sábado durante cinco horas e media ao día. Á

redución de horario, súmase o peche do museo durante os domingos e luns. E o que é

peor, a única praza para a Oficina de Turismo que decidiron contratar este ano (fronte as

tres que se facía na época de concelleiro de Turismo do voceiro municipal do BNG, Paco

Vilariño), está ubicada no Museo para garantir ese pírrico horario".


Para o BNG, o turismo é unha oportunidade clave para o desenvolvemento económico e

social do concello. "Ter a oficina pechada en verán é un síntoma máis do desleixo do

goberno local e da súa ausencia total de proxecto para Lalín".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o BNG esixen responsabilidades políticas, e anuncian que no vindeiro Pleno

municipal esixirán explicacións "pola súa nefasta xestión nesta materia" á concelleira de

Turismo, Begoña Blanco, reiterando "o seu compromiso cun modelo turístico sostible,

activo e que poña en valor todo o que Lalín pode ofrecer ao mundo".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page