top of page

O BNG de Lalín denuncia o atraco que supón o IBI

Paco Vilariño acusa a Crespo “de mentir en campaña e que os lalinenses paguen o despilfarro da súa pésima xestión”


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín denuncia o atraco que supón para os petos da cidadanía a suba do IBI que o goberno municipal do PP aprobou no pleno do 27 de outubro do 2023. O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, lembra que o BNG xa se “opuxo frontalmente” a este “novo saqueo” que se plasma nestas datas coa chegada das cartas de pago e o cargo en conta do imposto aos veciños e veciñas.


Sinala Vilariño que estos días son moitos os lalinenses que lle expresaron o seu asombro e malestar cando ven o aumento exponencial do IBI das súas propiedades. Lembra que é agora cando a cidadanía se da conta de como e para quen goberna o PP, xa que o periodo de cobranza deste imposto iniciouse o 29 de xullo e remata o 7 de novembro.

Vilariño afirma que esta suba impositiva que aprobou o PP, baseada en pasar o tipo impositivo do 0,4 ao 0,5 traduciuse “nun pau a maiores para as economías familiares

dos veciños e veciñas”, que xa están a sufrir dificultades económicas evidentes, xa que

dito cambio de tipo impositivo supón, nen máis nen menos, que unha suba lineal a toda

a veciñanza do 25%. O BNG considera “unha desvergoña” que o PP de Lalín “non só non toma nin unha soa medida social de apoio ás familias, senón que por riba decide subir impostos para agravar aínda máis as súas economías”.


Desde o BNG cuantifican esta inasumible suba en 766.000 euros, ao pasar a recaudación do ano 2023 (co tipo impositivo ao 0,4) de 3.196.073,23 euros a 3.962.249,67 no ano 2024, e practicamente igual vai ser no 2025 (co tipo ao 0,5).


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nos dous primeiros anos de mandato, o goberno de Crespo “non fixo máis que enganar á veciñanza”. Paco Vilariño lembra que na campaña electoral “nada dixo o PP de subir os impostos municipais”. Gañadas as eleccións “o primeiro que fixeron foi subirse, aínda máis, os soldos e manter unha empresa de colocación entre concelleiros e asesores que nos vai a custar aos veciños e veciñas máis de 2 millóns de euros”. E agora, Vilariño denuncia que ”para pagar estos soldos millonarios o PP mete de novo a man no peto dos lalinenses”, lembrando que non só no IBI, senón que recuperando outros dos impostos que non existían como é o ICIO e as Plusvalías. Un ICIO polo que se recaudou no último exercizo 407.420,26 euros ou no caso das plusvalías 26.420 euros.


Segundo critica o BNG, “o goberno do PP de Lalín pretende facer pagar aos veciños e veciñas a súa pésima xestión, logo de convertirse nunha empresa de contratación de amigos e unha inmobiliaria cos cartos de toda a cidadanía”.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Afirma o nacionalista que non pode ser que sexa a veciñanza quen teña que "soportar esa

nefasta xestión que nos levou a ter a día de hoxe unha débeda de máis de 7 millóns de €, e lembra que cando eles deixaron o goberno a débeda era de 0 € e case 6 millóns

quedaron nas arcas municipais". Vilariño lémbralle ao alcalde que “un goberno responsable fai políticas para mellorar a calidade de vida e o benestar dos seus veciños, non sube os impostos para afogalos aínda máis”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page