top of page

O BNG de Lalín denuncia casos de esperas de máis de 10 días para acceder ao médico de cabeceira

Critica que estos tempos incluso sexan superiores para solicitar receitas


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín denuncia a situación insostible que están a padecer as veciñas e veciños do concello pola falta de persoal médico no Centro Integral de Saúde (CIS) de Lalín, onde as citas coa médica ou médico de cabeceira, nalgúns casos, chegan a demorarse máis de dez días, tanto na modalidade de presencial como na telefónica. A formación nacionalista alerta tamén de que as citas para una simple renovación de receitas sofren aínda máis demoras en moitos casos, máis de 13 días, o que provoca que moitas persoas, especialmente maiores ou con enfermidades crónicas, se vexan por esta vía sen medicación ou sen atención durante varios días.

ree

O seu voceiro municipal, Paco Vilariño, considera que "esta situación inadmisible é un síntoma máis do deterioro da sanidade pública en Lalín, froito da falta de planificación e do desleixo do PP·. “Non é aceptable que unha persoa teña que agardar máis dunha semana para ser atendida polo seu médico ou médica de cabeceira ou para renovar unha simple receita, mentres o goberno galego continúa desviando recursos á sanidade privada”, sinala Vilariño.


Desde o BNG lembran que o CIS de Lalín foi presentado "como un proxecto de referencia, mais a realidade é que hoxe sofre numerosas carencias de persoal médico e sanitario, sobrecarga asistencial e falta de medios". Esta situación, aseguran, prexudica tanto ás e aos profesionais como ás persoas usuarias, que se ven obrigadas a recorrer ás urxencias, tanto en Lalín como no CHUS, por problemas que deberían resolverse na atención primaria.


O BNG esixe á Consellería de Sanidade que adopten medidas urxentes para reforzar o servizo de atención primaria e garantir así unha atención sanitaria digna e de calidade.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ao mesmo tempo advirten ao PP: “continuaremos coa loita que sempre encabezamos para que a nosa sanidade sexa pública e de calidade xa que o que precisamos son servizos, non só un edificio novo que levan usando dende fai anos de xeito propagandístico por parte do goberno do PP de Lalín e da Xunta de Galiza, mentres a atención á cidadanía mingua cada día sen que dende o goberno o eviten”, afirma Vilariño.


Para o seu voceiro municipal “a veciñanza de Lalín merece unha sanidade pública de calidade, accesible e con medios suficientes. O que está a acontecer no CIS é un abandono intolerable e unha falta de respecto ás persoas usuarias e aos profesionais”, conclúe.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page